Vila de Cruces organizará unha nova edición da Liga Local de Fútbol Sala no seu Pavillón Municipal
- Laura Moure

- hace 5 horas
- 2 Min. de lectura
A inscrición dos equipos estará aberta do 1 ao 15 de febreiro
Laura Moure/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces, a través da súa Concellería de Deportes, organizará este ano unha nova edición da Liga Local de Fútbol Sala no seu Pavillón Municipal. O prazo de inscrición para participar nesta competencia estará aberto do 1 ao 15 de febreiro, e poderase realizar a través do WhatsApp do móbil 617 409 895.

No torneo poderán participar xogadores nacidos no ano 2009 ou antes. Cada equipo
estará composto por un máximo de 12 xogadores e un mínimo de 8. O sorteo da primeira xornada será o día 20 de febreiro no Ximnasio Municipal de Vila de Cruces, situado na rúa Centro Medico, 2. Nesta reunión establecerase o calendario da liga, cuxos partidos se disputarán os martes e xoves, cun primeiro encontro de 21:00 a 22:00 horas e un segundo enfrontamento de 22:00 a 23:00 horas.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A información dos horarios dos partidos, resultados e clasificacións estará exposta no taboleiro do Pavillón Municipal, ademais de ser enviada aos delegados de todos os equipos. Tamén todos os equipos participantes terán acceso a toda esta información a
través dunha aplicación móbil oficial da competición, que será comunicada pola
organización ao inicio da liga.
Publicidade
O custo da inscrición será de 60 euros por equipo. Ademais, todos os xogadores que
queiran participar no campionato terán que facer un seguro de accidentes persoal, que
ascende a 40 euros e que cubrirá toda a duración da liga.
O premio do torneo para o equipo gañador será de 150 euros para gastar nunha cea
nun restaurante da vila. O segundo clasificado recibirá de premio 75 euros, que
igualmente poderá gastar nunha cea nun restaurante local.
Publicidade
O evento deportivo está coordinado pola empresa Discóbolo Galicia, responsable da
prestación de servizos deportivos no municipio.








Comentarios