Silleda volve a destinar este ano máis de 100.000 euros aos colectivos culturais, deportivos e veciñais
- ecosdacomarca

- hace 5 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O Concello de Silleda destinará nesta anualidade de 2026 un total de 104.100 euros ás subvencións a colectivos culturais, deportivos e veciñais e/ou de participación social, ao igual que no exercicio anterio. As bases das tres liñas de subvención, para financiar actividades de asociacións tanto culturais, como deportivas e veciñais e/ou de participación social quedaron xa dictaminadas nas comisións informativas de cara á súa aprobación no pleno de onte.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Nas deportivas repartiránse 35.000, nas culturais outros 58.000 (dos que 20.000 serán directamente para a Banda Municipal de Silleda e outros 15.000 para a Recreativa e Cultural da Bandeira) e as veciñais e de participación social outros 11.100 euros.
Publicidade
As bases son moi similares as dos últimos anos, se ben se introducen novos criterios de puntuación, como no caso das veciñais, onde puntuarán tamén as actividades para as persoas maiores e de caracter interxeracional. O prazo de presentación comezará a contar unha vez se publique a convocatoria.
Publicidade
A orde do día tamén incluíu o anexo de subvencións nominativas e o Plan estréxico de subvencións para o presente exercicio. En canto ás axudas nominativas, dende o executivo municipal propónse manter as cantidades da anualidade anterior con axudas ás dúas bandas de música (35.000 euros) ao deportista Christian Costoya (10.000) euros, á Asociación de Persoas Enfermas de Alzhéimer e outras demencias e as súas familias (AFAPO) con 20.000 euros, e outras 400 euros para cada unha das festas gastronómicas.








Comentarios