top of page

O BNG de Cruces pide á Xunta que repoña o profesorado no CEIP Cerdeiriñas de Piloño

A ANPA convoca para hoxe, xoves, unha concentración diante do colexio


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces vén de rexistrar unha moción no Concello tras ser coñecedores dos recortes de profesorado no colexio de Piloño. O obxectivo disto é trasladar urxentemente á Xunta a necesidade de repoñer dous profesores en Primaria no CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas.


"O profesorado está ao límite, pois a plantel non dá para ter profesorado de garda. Con que enferme un só profesor xa non se pode impartir clase con normalidade. A Consellaría de Educación está a incumprir a ratio nas aulas de agrupamentos, nas que o máximo se establece en 14 alumnos por agrupamento e neste caso hai 16 entre primeiro e segundo e 15 entre terceiro e cuarto".

A ANPA do CEIP Cerdeiriñas trasladou esta situación á Xefatura territorial. "Dende o BNG insistimos na urxencia de repoñer profesorado en Primaria, pois xa levamos preto dun mes de curso. Pídese que a Consellaría cumpra cos acordos e dote ao CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas do persoal necesario, e así garantir unha educación de calidade e unha situación digna para o persoal docente e non docente".


Dende o BNG lembran ao goberno local que deben cumprir o acordado en febreiro de 2024. "Deixamos que os orzamentos saísen adiante a condición de cumplir os seguintes compromisos: 20.000 euros para mantemento do CEIP Cerdeiriñas e do CEIP Nosa Señora da Piedade. Con isto acordouse construír os parques infantís e mellorar na seguridade de acceso aos centros. Tamén se acordou fomenar un convenio coa Consellaría de Educación para que asuman as súas competencias en canto a demandas históricas de ambos centros: cambio de ventás, teitos, renovación de aseos, elevadores, barreiras arquitectónicas…"


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais disto o voceiro nacionalista de Vila de Cruces, Álex Fiúza, pide a máxima implicación do goberno local, "pois o CEIP Cerdeiriñas debe recibir maior apoio posible para recuperar a súa plantilla de profesorado. Isto aféctanos a toda a comunidade educativa e á poboación do noso concello en xeral".


A ANPA do centro, ANPA Paxarinhas, informa que hoxe, xoves 26, terá lugar unha concentración ás 16:15 nas portas deste colexio.


NOTICIA RELACIONADA:

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page