A ANPA do colexio cruceño Cerdeiriñas demanda á Consellería de Educación dous docentes máis
- Laura Moure
- 22 sept 2024
- 5 Min. de lectura
"Solicitamos que se cumpran cos acordos da Consellería e se dote ao noso centro do persoal necesario, e así garantir unha educación de calidade, onde todo o alumnado teña as mesmas oportunidades", indica a asociación que anuncia mobilizacións
Laura Moure/Vila de Cruces
A asociaciónde Nais e Pais, a ANPA Paxarinhas, do colexio Cerdeiriñas de Piloño (Vila de Cruces) demanda á Consellería de Educación continuar co anterior cadro de persoal e que se dote ao centro de dous novos docentes. Se non conseguen este obxectivo, adianta que convocará mobilizacións a partir deste xoves.

O número do alumnado deste colexio é 65 e son 42 as familias sociais de 48 da ANPA. "Estes anos no colexio por número de alumnado, en infantil había 2 aulas habilitadas e non se separaban por nivel (este ano separouse os nenos de 4 anos, polos que naceron a final de ano están cos de 3 anos e os outros cos de 5 anos), se non que por exemplo o curso pasado estaban xuntos 3 e 4 anos nunha aula e 5 anos noutra. En Primaria levamos varios anos que a pesar de ser menor número de alumnos ca este curso, 1º de primaria estaba nunha aula e 21 de primaria noutra. E só estaban agrupados 3º e 4º primaria nunha aula e 5º e 6º de primaria noutra", indica a ANPA.
Curso 2023-2024
Alumnado no centro: 64 nen@s
2 aulas de infantil (sen separación dun nivel)
4 aulas de primaria
Curso 2024-2025
Alumnado no centro: 66 nen@s
2 aulas de infantil (con separación dun nivel)
3 aulas de primaria
"Tamén dende o centro se nos informou as familias que debido a redución de horas lectivas no centro do profesorado (pasaron de 25 a 23) e co cambio de dirección se perdeu a un docente que non tiña destino no centro é a razón pola que non se pode cubrir o horario do centro e habilitar unha aula máis en primaria como en anos anteriores, e tamén nos indican que hai horas durante a xornada lectiva que non hai profesores de garda, polo que ante a falta dun profesor por enfermidade, habería que xuntalos alumnos de varios ciclos, perdendo horas ambas clases, pois por ratio non poderán estar xuntos nunha aula, pasando a ter que estar no ximnasio e ser “horas libre” coa perda que suporía para o alumnado de clases. Tamén como poñemos no escrito este agrupamento supón un incumprimento dos acordos de ratios".
“Acuerdo de agrupamientos del alumnado, de 10 de julio de 2009” no cal se indica que:
Poderase agrupar o alumnado de Educación Primaria pertencente ao mesmo ciclo nunha
mesma unidade cando o número sexa igual ou inferior a catorce. Este punto non se cumpre por parte da Consellería de Educación xa que na aula de 1º e 2º de primaria co agrupamento serían 16 alumn@s na aula e na de 3º e 4º serían 15 alumn@s.", explican dende a ANPA.
Ademais, informa que o xoves día 19 de setembro a ANPA fixo a Xunta ordinaria de comezo de curso, e comunicamos as familias a problemática e en que baseamos as nosas reivindicacións "e as familias presentes acordamos empezar a facer manifestacións, pois queremos unha educación de calidade, porque a pesar de ser un colexio do rural nós tamén somos importantes. Se non temos unha resposta o noso escrito empezaremos con mobilizacións o próximo xoves", subliña.
Publicidade
Escrito Presentado a inspección educativa e o director territorial en Pontevedra:
1. O centro ten 3 unidades de primaria activas e unha de infantil, e conta cun total de 66 alumnos matriculados para o curso 2024-2025. En anos anteriores con menores cifras de matrícula contábase co 4 unidades de primaria e 2 unidades de infantil, co que nunca chegou a partirse un nivel. Para atender a este alumnado o centro dispoñía dun cupo de 9 docentes, sen contar coa profesora de relixión. Destes 9 profesores 6 teñen o seu destino definitivo no centro.
2. Co cambio de dirección, o docente que ocupaba o posto de dirección ó non formar parte do persoal con destino definitivo no centro deixa de estar este novo curso.
3. Na resolución provisional do CADP para o curso 2024-2025 adxudicáronse provisionalmente dúas vacantes de educación infantil, unha delas afín a primaria para o noso centro, que unidos ao profesorado definitivo non facía necesario desdobrar un ciclo de primaria, e incluso separa o nivel de 5º de infantil.
4. Dende a Directiva do centro comunicóusenos que, na resolución definitiva do devandito CADP, unicamente se adxudicou unha vacante de infantil afín primaria, coa cal só se cubre o horario de infantil, pois a nova directora é a mestra de infantil e necesita horas para desempeñar a súa función.
5. Posteriormente, na reunión de inicio de curso, que tivo lugar o pasado 9 de setembro, informouse ás nais e pais que vai ser necesario que queden gardas sen cubrir este curso por falta de profesorado. Ademais indicouse que era necesario realizar dous agrupamentos, e separar a aula de 4 anos, dividindo alumnos do mesmo nivel académico en dúas aulas distintas.
Publicidade
6. Dende a ANPA do CEIP Plurilingüe Cerdeiriñas consideramos que esta distribución incumpre o punto 2.7 da “RESOLUCIÓN de 10 de enero de 2024, de la Dirección General de Centros y Recursos Humanos, por la que se da publicidad del texto del Acuerdo entre esta consellería y las organizaciones sindicales CC.OO., ANPE y UGT-SP Ensino sobre medidas que mejoran el funcionamiento del sistema educativo y las condiciones laborales del personal funcionario y laboral docente de la Comunidad Autónoma de Galicia que imparte las enseñanzas reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.” (DOGA, no 12, 17 xaneiro 2024) na que se indica explicitamente que: “En las aulas que escolaricen a alumnado de diferentes niveles, ciclos y/o etapas educativas serán de aplicación las ratios contempladas en el Acuerdo de agrupamientos del alumnado, de 10 de julio de 2009.”. Neste acordo de agrupamento indícase que: Terceiro.- Poderase agrupar o alumnado de Educación Primaria pertencente ao mesmo ciclo nunha mesma unidade cando o número sexa igual ou inferior a catorce.
Como se pode ver na táboa antes anexa (celas marcadas en cor amarela), as aulas unidas, de 1º e 2º de primaria, e de 3º e 4º de primaria, respectivamente, non cumprirían o punto terceiro do acordo antes mencionado, con números de alumnos por encima dos catorce establecidos no acordo.
Tendo en conta todo o anteriormente exposto dende a ANPA Paxarinhas do CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas SOLICITAMOS:
Que se manteña a asignación inicial do CADP provisional coa adxudicación dun novo docente para o centro, para non ter que separar un nivel en infantil, e outro docente para poder cumprir os ratios e non sexa necesario unir nunha aula o alumnado de 1º e 2º nin o de 3º e 4º, podendo ademais ter persoal suficiente para cubrir as gardas.
Solicitamos que se cumpran cos acordos da Consellería e se dote ao CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas do persoal necesario, e así garantir unha educación de calidade, onde todo o alumnado teña as mesmas oportunidades para aprender e crecer.
Dende a ANPA do CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas quedamos a disposición da Inspección Educativa para manter unha reunión presencial se o considera pertinente en caso de precisar información adicional sobre a situación antes exposta.
Comments