top of page

O BNG de Cruces pide responsabilidade e garantías para usuarias e traballadoras do SAF ante a sarna

“Queremos trasladar a preocupación pola xestión e pola comunicación realizada polo

goberno municipal en relación cos casos de sarna noruega detectados no Servizo de

Axuda no Fogar (SAF)” comenta o portavoz do BNG Alex Fiúza


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

No BNG de Vila de Cruces consideran que, aínda sendo necesario actuar con rapidez e aplicar os protocolos sanitarios establecidos, "o comunicado emitido polo Concello non estivo á altura da responsabilidade institucional que se lle presume". "Sinalar directamente ao SAF como foco da situación, sen matices nin contexto suficiente, contribúe a xerar alarma social e a poñer o foco sobre un colectivo de traballadoras que xa sofre condicións laborais complexas, provocando rexeitamento inxusto cara elas", recalca o Bloque.

"Queremos ser claros: a prioridade debe ser sempre a protección da saúde tanto das persoas usuarias como das traballadoras. Neste sentido, cómpre recoñecer que as

traballadoras do SAF contaron cos equipos de protección individual (EPI) facilitados pola

empresa, cumprindo así coas medidas básicas de prevención. Porén, isto non elimina a

necesidade de seguir reforzando a formación, os protocolos de actuación e a coordinación

institucional para facer fronte a aspectos de risco biolóxico con todas as garantías".

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Ao mesmo tempo, apunta o partido nacionalista, "cómpre reflexionar sobre a resposta adoptada. A suspensión do servizo, aínda que sexa de maneira preventiva, ten un impacto moi importante nunha poboación especialmente vulnerable. Hai persoas usuarias do SAF que non contan con alternativas de coidado, polo que calquera interrupción do servizo pode supoñer un risco engadido para o seu benestar e a súa saúde. Por iso, dende o BNG defendemos que se deben establecer mecanismos que permitan garantir a continuidade do servizo en condicións de seguridade, evitando na medida do posible a súa paralización. Isto pasa por unha mellor planificación, dotación de recursos e

coordinación entre administracións".


Así mesmo, o voceiro, Álex Fiúza, sinala que esta situación tamén evidencia as carencias estruturais dun modelo no que un servizo esencial depende de empresas externas e dunha

financiación insuficiente. A Xunta de Galicia, como administración competente, non pode eludir a súa responsabilidade á hora de garantir que os concellos dispoñan dos recursos

necesarios para prestar este servizo en condicións dignas e seguras.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Dende o BNG de Vila de Cruces esixen:

  • "Unha rectificación na forma de comunicar este tipo de situacións, evitando estigmatizar ás traballadoras.

  • Reforzo dos protocolos, da formación e da coordinación institucional, mesmo existindo

subministración de EPI.

  • Medidas concretas para asegurar a continuidade do servizo, especialmente nos casos de persoas sen alternativa asistencial.

  • Maior implicación e responsabilidade da Xunta de Galicia no financiamento e supervisión deste servizo.

  • O coidado das persoas máis vulnerables e a dignidade das traballadoras non poden quedar en segundo plano. É responsabilidade das administracións estar á altura".


NOTICIAS RELACIONADAS:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page