O BNG de Cruces acusa ao goberno local "de falta de respecto institucional"
Lamenta que non o convidara á visita oficial da presidenta da Deputación ás obras da rúa Vázquez este pasado martes
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O BNG cruceño denuncia que o alcalde do municipio, Luís Taboada, "fai un uso partidista e sectario da Corporación ao non notificar aos grupos da oposición os actos institucionais e evitar así a súa participación nos mesmos nun claro intento de que ninguén lle faga sombra".

Sinala que o último destes actos ao que non convidou ao BNG produciuse este martes, na
visita oficial da presidenta da Deputación, Carmela Silva, a Vila de Cruces. Os
nacionalistas consideran que "estes feitos, que xa quedaran erradicados nos últimos tempos de mandatos anteriores, volven estar de actualidade agora con Taboada" polo que fala dunha "falta de respecto institucional".
"A obriga dun goberno municipal é transmitir á cidadanía exemplos de boas prácticas democráticas e de respecto ás institucións, cousa que neste concello brillan pola súa ausencia", conclúen os nacionalistas.
NOTICIA RELACIONADA:








Comentarios