top of page

A presidenta da Deputación de Pontevedra visita as obras da Rúa Vázquez de Vila de Cruces

“A moi o ritmo avanzan para convertela nun transformador espazo, totalmente accesible, funcional, sostible e pensado para as persoas", salienta Carmela Silva


Laura Moure/Vila de Cruces

“A moi o ritmo” avanzan as obras para converter a Rúa Vázquez de Vila de Cruces nun transformador espazo, totalmente accesible, funcional, sostible e pensado para as persoas. A presidenta da Deputación Carmela Silva e o alcalde Luís Taboada visitaron esta actuación que está a mudar por completo o casco urbano da vila cun investimento de preto de 900.000 euros e financiamento do plan provincial ReacPon. “Trátase dunha obra que ten moito que ver co modelo que a Deputación cre que hai que referenciar en toda a provincia, apostando por mellorar a estrutura urbana, facilitando a mobilidade das persoas e embelecendo as vilas”, remarcou a presidenta na visita oficial realizada ao concello de Cruces onde previamente ao percorrido polas obras mantivo unha xuntanza co persoal municipal.

Tras a visita á actuación na rúa Vázquez, a presidenta provincial, Carmela Silva, sinalou que “síntome moi orgullosa de que estea tan avanzada porque supón unha grande transformación para Vila de Cruces. Non soamente aposta por mellorar o espazo público, senón por favorecer que haxa estruturas como canalizacións, redes de abastecemento, saneamento e alumeado, que non se ven pero son imprescindibles e nos van permitir que dure máis de 30 anos”. Destacou a aposta do goberno local por sumarse ao modelo que a Deputación está a espallar por toda a provincia, asegurando que “é un dos concellos que está a impulsar esas grandes transformacións”. E aproveitou a ocasión para recordar que o Plan ReacPon naceu precisamente para dotar de recursos extraordinarios aos concellos da provincia, para que “puidesen facer grandes obras”.


Ademais, a presidenta subliñou a “importancia do mundo local, dos gobernos que mellor coñecen o territorio” e fixo fincapé na necesidade de respectar a súa autonomía achegando recursos “sen arbitrariedade, con criterios obxectivos, para garantir servizos, dotacións, equipamentos que precisan os concellos”.


Recordou que “nestes 7 anos do novo goberno da Deputación temos investido en Vila de Cruces preto de 9 millóns de euros, máis de 5 a través do Plan Concellos, pero tamén achegamos recursos para actuacións culturais, medioambientais, de igualdade, de apoio ao deporte, aos servizos sociais ou de recuperación e mellora das vías provinciais”.

A última das sesións previstas, co lema Reconstruindo terá lugar o vindeiro 4 de marzo, para abordar a etapa da adolescencia, cando chegando a adolescencia se reconstrúen certas crenzas, pensamentos, ideas… polo que se fai preciso educar dende a empatía e a comprensión, atender as necesidades educativas en relación á sexualidade e fomentar relacións baseadas no consentimento.


O rol dos proxenitores na adolescencia ou temas como a sexualidade, relacións e consentimento e a comunicación serán abordadas nestas sesións.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page