top of page

O BNG cruceño acusa ao PP de “parchear” o problema do CEIP Nosa Señora da Piedade

O Bloque esixe unha reforma integral do centro educativo


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O portavoz municipal do BNG de Vila de Cruces, Álex Fiúza, lembra que o Bloque leva anos reclamando unha reforma integral das instalacións a través de emendas aos orzamentos da Xunta, propostas que foron rexeitadas reiteradamente polo Partido Popular. “A situación do centro non mellora, senón que empeora curso a curso mentres a Xunta evita afrontar a solución de fondo”, sinalou.

O BNG lembra que o pasado 25 de febreiro a deputada Ariadna Fernández rexistrou no

Parlamento galego unha iniciativa para instar á Xunta a actuar. A proposta recolle as demandas trasladadas polas familias e pola ANPA, que denuncian o deterioro das

instalacións, con problemas como goteiras e humidades no edificio de Infantil ou unha

caldeira obsoleta que impide manter unha temperatura axeitada nas aulas.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Para o BNG, as actuacións anunciadas pola Consellería —como a reparación puntual da

cuberta do edificio de infantil— pode ser un parche para o curso actual, mais “claramente

insuficiente” para adaptarse ás necesidades que require o centro o vindeiro curso.


A iniciativa do Bloque propón abordar unha reforma integral do centro que comece canto

antes para estar ao disposición da comunidade educativa nos inicios do curso 26-27, coa

construción dun edificio anexo, ou mesmo a ampliación da á baixa do edificio de primaria

para poder dar cabida ás aulas de educación infantil, así como a creación de zonas

cubertas no patio exterior.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

“Non se pode seguir parcheando unha situación que afecta directamente ao alumnado e ao profesorado. O que precisa o CEIP da Piedade é unha actuación integral que garanta

instalacións dignas e de calidade”, concluíu Fiúza.


NOTICIAS RELACIONADAS:




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page