top of page

O BNG considera insuficiente o investimento para o patio cuberto do colexio de Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

Desde o BNG de Silleda congratúlanse polo anuncio feito pola Xunta de Galiza para

atender a tan demandada construción dun patio cuberto no colexio público de Silleda.

"Compre recordar que levamos moitos anos incluíndo esa demanda como emenda aos

orzamentos da Xunta, sen que a mesma fose nunca considerada polo goberno do

Partido Popular", recalca.

"Porén, queremos chamar a atención sobre o importe do investimento anunciado, de tan

só 50.000 euros, unha cantidade moi inferior aos 120.000 euros nos que a propia Consellería de Educación valorara a obra no ano 2013, cando esixía ao Concello aportar

a metade do orzamento, e que na actualidade se estimaba podía ascender a 150.000

euros".


Nese sentido, o BNG de Silleda estaba xa negociando co goberno municipal a inclusión dunha partida de 75.000 euros para atender a cofinanciación municipal da metade do custo desta obra, polo que nos chama moito a atención que o custo total da obra vaia ser só de 50.000 euros, un terzo do custo actual inicialmente estimado. "Por iso, desde o BNG preguntámonos se a estrutura recentemente anunciada pola Xunta, de só 100 metros cadrados de superficie, será suficiente para dar servizo a todo o alumnado os días de chuvia e se cumprirá con todas as garantías de seguridade para soportar os temporais de vento, tan habituais na época invernal".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por todo isto, piden ao goberno municipal que se interese polas características da estrutura proposta e valide que o tamaño da mesma é suficiente para atender ao número de alumnos cos que conta o centro na actualidade.


“Esta ben congratularse polo anuncio da Xunta, como fixo a alcaldesa, pero pedímoslle

que dea explicacións sobre as características da estrutura, valide que o tamaño é suficiente para o número de alumnos, e que garanta que cumpre os requisitos de

seguridade” sinala Erea Rey, portavoz local, que agarda que “non rematemos cunha

obra de segunda categoría que non solucione de verdade o problema de falta de

patio cuberto que ven padecendo a comunidade educativa desde a inauguración do

colexio”.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page