top of page

O BNG acusa a Xunta de intentar frear as demandas do CEIP de Cruces con anuncios de última hora

hace 11 minutos
4 min de lectura

O Partido Popular valora moi positivamente a actuación anunciada pola Consellería de Educación

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A situación do CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces volve xerar debate político entre o BNG e o PP, tras os anuncios da Consellería de Educación sobre unha posible reorganización dos espazos do centro e a construción dun novo patio cuberto. Mentres os nacionalistas cuestionan os tempos e a forma de actuar da Xunta, ao considerar que busca desactivar as reivindicacións da comunidade educativa, os populares atribúen a proposta ao traballo realizado polo seu grupo municipal e confían en que se traduza en melloras efectivas para o colexio.


Así pola súa banda, o BNG denuncia a actuación da Consellería de Educación arredor das demandas de mellora do CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces, "nunha sucesión de visitas, silencios e anuncios de última hora que, ao seu xuízo, evidencian a falta de planificación e de vontade real da Xunta para dar resposta ás graves necesidades que presenta o centro e que o alumnado leva anos sufrindo".

A formación nacionalista lembra que rexistrou en febreiro iniciativas parlamentarias para reclamar información e solucións sobre o estado das instalacións do colexio. A Consellería visitou o centro en marzo, mais non respondeu ás cuestións formuladas polo BNG ata hai apenas dez días, xusto antes de que a iniciativa fose debatida na Comisión 4 de Educación. "Unha resposta tardía que acabou por impedir que se producise o debate previsto sobre unha problemática que as familias e a comunidade educativa levan anos

denunciando".


"Agora, a poucos días de que o BNG leve esta cuestión ao Pleno do Parlamento, o vindeiro mércores, a Xunta volve aparecer nos medios de comunicación anunciando actuacións, avanzando o que pretende facer e mesmo unha reunión coa comunidade educativa para a próxima semana". Para a deputada do BNG Ariadna Fernández, esta maneira de proceder resulta profundamente cuestionable: "Non pode ser que a Xunta permaneza anos sen dar resposta ás necesidades dun centro educativo e que, cada vez que o BNG consegue poñer o problema enriba da mesa, aparezan anuncios e promesas de última hora. Primeiro foi a resposta escrita xusto antes do debate na comisión e agora son as novas sobre actuacións e reunións xusto antes do debate en Pleno. As familias non precisan titulares nin operacións de imaxe, precisan solucións".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Fiúza considera especialmente grave que se pretenda transmitir a impresión de que a solución ao problema está encamiñada cando existen deficiencias nas instalacións que levan anos sen ser resoltas e que requiren unha intervención seria e integral “a Xunta non pode confundir unha visita ao centro ou unha reunión coa comunidade educativa cunha solución. Queremos coñecer que se vai facer realmente, con que planificación, con que orzamento e en que prazos. As promesas xa se escoitaron moitas veces e as necesidades seguen aí".


O portavoz municipal insiste: "Levamos anos reclamando estas melloras, trasladando as demandas das familias, denunciando o estado das instalacións e presentando emendas aos orzamentos da Xunta para que se habilitase unha partida específica destinada ao colexio. Ano tras ano, o Partido Popular votou en contra. Agora, cando se coñece que o asunto entrará en pleno no Parlamento anuncian que van facer algo, tomando moi pouco a serio ás familias, aos nenos e nenas e á comunidade educativa na súa totalidade, ignorada durante anos", sinala.


Desde o BNG advirten de que "existe o risco de que os novos anuncios volvan quedar en promesas sen tradución práctica, como xa aconteceu noutras ocasións, e reclaman que calquera compromiso da Consellería se concrete en actuacións verificables, cun calendario e cos recursos económicos necesarios. É importante que a comunidade educativa estea presente e que a Xunta saiba que as familias non van dar por resolto un

problema porque apareza unha noticia no xornal. A mobilización e a insistencia foron

fundamentais para chegar ata aquí e tamén o serán para conseguir que as melloras se

fagan realidade", conclúen os nacionalistas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Polo seu lado, o Partido Popular de Vila de Cruces valora moi positivamente a actuación anunciada pola Consellería de Educación para o CEIP Nosa Señora da Piedade. "Este anuncio é froito do moito traballo realizado polo noso grupo municipal, que leva meses traballando coa comunidade educativa e coa Consellería para chegar a esta proposta".


Sinala que "durante este tempo trasladamos as preocupacións e necesidades do centro e

traballamos para impulsar unha solución que permita mellorar as instalacións e as condicións nas que desenvolven a súa actividade o alumnado e o profesorado. A proposta anunciada contempla reunir o alumnado de Infantil e Primaria no actual edificio de Primaria, coa adaptación dos espazos e a construción dun novo patio cuberto. Tal e como comunicou a Consellería, será explicada a próxima semana ao conxunto da comunidade educativa".


Así mesmo, considera importante que ese encontro permita coñecer os detalles da actuación, aclarar dúbidas e escoitar as achegas das familias e do profesorado. "A nosa prioridade é que o centro dispoña de instalacións adecuadas ás súas necesidades presentes e futuras. Lamentamos a actitude habitual de pasotismo do actual goberno municipal. Tamén lamentamos a confrontación continua do Bloque Nacionalista Galego,

que consideramos que non axuda a mellorar os servizos nin a avanzar nas solucións que necesita a veciñanza. Desde o noso grupo seguiremos traballando coa comunidade educativa e coa Consellería, facendo o seguimento da proposta, dos prazos e da súa

execución. O noso compromiso é que o anunciado se traduza nunha mellora efectiva do colexio para as familias de Vila de Cruces".



NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page