top of page

Luis López anuncia a adxudicación por 710.000 euros para mellorar a EP-6503 Silleda-Siador-Refoxos

hace 15 minutos
1 min de lectura

Laura Moure/Silleda

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este venres a adxudicación por 710.000 euros das obras de reposición do firme na EP-6503, no Concello de Silleda, que conecta Silleda con Siador e Refoxos. O obxectivo dos traballos, que se realizarán na totalidade dos 7,6 quilómetros desta estrada provincial, é salvagardar a prestación do servizo e mellorar a súa seguridade viaria.

As actuacións divídense en varias fases. Unha primeira de traballos previos e demolicións, na que se retirará o firme actual, escavarase para proceder ao saneamento e levarase a cabo o fresado superficial. Na segunda fase executaranse os novos firmes para, a continuación, proceder á mellora do sistema de drenaxe e, por último, pintarase unha nova sinalización horizontal.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A actuación responde á necesidade de rehabilitar e modernizar a plataforma viaria, mellorando deste xeito as condicións de circulación, drenaxe e sinalización da vía, ademais de cumprir toda a normativa vixente.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

“Con avances como este desde a Deputación continuamos traballando para a transformación das estradas provinciais, co obxectivo de alongar a súa vida útil e garantir a súa seguridade”, asegurou o presidente provincial.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page