top of page

O BNG acusa á Consellería de Cultura "de inmobilismo na recuperación do tímpano de Carboeiro"

Ecos da Comarca/Silleda

Continuando a batalla xa iniciada polo BNG dende hai anos, a deputada nacionalista Ariadna Fernández e o BNG de Silleda levan meses de loita parlamentar a carón do Mosteiro de Carboeiro. Neste novo intento de devolver as dúas pezas do tímpano ao seu lugar, presentáronse xa varias iniciativas que se levaron a debate no Pazo do Hórreo na comisión 4 e requirindo tamén información dos feitos que se sucederon ao redor deste ben patrimonial nos últimos anos e que non tiveron os froitos agardados.

Ao respecto desa petición de información que se levou a cabo por parte dos nacionalistas xa en marzo, o goberno da Xunta de Galiza “non fixo a súa labor e achegou só unha parte dos documentos que lles requirimos e aos que temos dereito, adxuntando só unhas cartas de José López Campos cara a administración implicada e o director do Museo Marés, onde se localizan actualmente” como aclara a deputada.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

 A maiores diso solicitárase a resposta do Concello de Barcelona e así mesmo do devandito museo, onde se atopan as pezas que se extraeron do Mosteiro de Carboeiro de xeito ilegal nos anos 50, sen que esta información chegase por parte da Consellería de Cultura. Para Ariadna Fernández é “un xeito de ocultar información, unha información que estou convencida de que deixaría ao noso goberno en mal lugar ao non ser capaz de recuperar o espoliado e devolverllo a Silleda, a Carboeiro e a todas e todos os veciños, que ven como o seu patrimonio é de pouco interese para o goberno do país”.


Dende o BNG acaban de rexistrar novamente a petición de información, confiando en que nesta ocasión lles sexa remitida de xeito “completo e sen escoller o que queren que coñezamos e o que non” e anuncian que continuarán no camiño da volta das dúas pezas sen deixar este tema de lado ate que o consigan, por unha cuestión que cualifican de “xustiza patrimonial”.




Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page