O Concello de Vila de Cruces celebrará unha Liga Local de Fútbol 7 no mes de xullo
- Laura Moure
- hace 23 horas
- 1 Min. de lectura
O prazo de inscrición estará aberto do 16 ao 22 de xuño
Laura Moure/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces, a través da súa Concellaría de Deportes e da empresa de servizos deportivos Discóbolo Galicia, organiza a Liga Local de Fútbol 7 que se celebrará no campo de fútbol municipal O Camballón (rúa Camballón, s/n) no mes de xullo. O prazo de inscrición estará aberto do 16 ao 22 de xuño no Whatsapp 617 409 895.

O sorteo da primeira xornada será o día 27 de xuño no Ximnasio Municipal de Vila de Cruces. Os partidos celebraranse os luns, martes, mércores e xoves, cun primeiro encontro de 21:00 a 22:00 horas e un segundo partido de 22:00 a 23:00 horas.
O custe da inscrición será de 60 euros por equipo. Todos os xogadores que queiran participar no campionato terán que facer un seguro de accidentes persoal, que ten un custo de 20 euros e cubrirá o mes da competición.
Publicidade
A información dos horarios dos partidos e a clasificación estará exposta no taboleiro do
Pavillón Municipal e será enviada aos delegados de todos os equipos. Segundo as bases da competición, os xogadores que se inscriban deberán ter nacido en 2009 ou antes; e cada equipo estará composto por un máximo de 14 xogadores e un mínimo de 8. As bases están dispoñibles na web do Concello: https://viladecruces.es/).
O premio do torneo será de 200 euros para o equipo gañador para utilizar nun restaurante de Vila de Cruces.
Comentarios