top of page

Esperanza Rodríguez, patroa maior do servizo de vixiancia aduaneira, (In) Visible de xuño en Silleda

Esta veciña da Bandeira, destinada en Huelva, é graduada en Naútica


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de nomear como (in)VISIBLE do mes de xuño a Esperanza Rodríguez Caramés, natural da parroquia de Bandeira, pola súa traxectoria como patroa na rama marítima do Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA), un ámbito profesional con escasa presenza feminina. A elección de Esperanza chega coincidindo ademais o pasado domingo día 8 co Día dos Océanos.


Nada en 1996, Esperanza formouse no CEIP de Bandeira e no IES Pintor Colmeiro, onde inicialmente tiña pensado estudar algo relacionado coas ciencias naturais. Porén, no segundo curso de Bacharelato decidiu apostar por un camiño pouco habitual e mergullarse no mundo do mar. Así foi como escolleu estudar o Grao en Náutica e Transporte Marítimo na Universidade da Coruña, unha carreira que a levou a descubrir novas vocacións e retos.

Esperanza Rodríguez.
Esperanza Rodríguez.

Durante os seus estudos universitarios tivo o seu primeiro contacto co Servizo de Vixilancia Aduaneira, grazas a unha charla informativa que espertou o seu interese por esta saída profesional. Tras rematar o grao, decidiu preparar as oposicións para ingresar no corpo estatal. A pesar dos obstáculos iniciais, conseguiu superalas con éxito en 2023, accedendo á escala A2 na especialidade de navegación.


Logo de completar o curso selectivo no Instituto de Estudos Fiscais en Madrid, foi destinada en setembro de 2024 á Unidade Combinada de Huelva, onde actualmente desenvolve o seu labor como patroa. No seu día a día, participa en operativos contra o contrabando e outras infraccións, traballando en condicións meteorolóxicas adversas e nun ambiente altamente esixente, onde a formación e a capacidade de reacción son claves.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Cada día é un reto e unha aprendizaxe. É emocionante poder vivir o mar desde dentro e colaborar activamente na protección do noso territorio”, sinala Esperanza, quen recoñece tamén a dificultade de exercer este traballo lonxe da súa terra natal.


Dende o Concello de Silleda destácase o valor e o esforzo desta profesional, que representa o compromiso, a superación e a valentía de moitas mulleres que abren camiños en ámbitos tradicionalmente masculinizados. A súa historia súmase así ás do resto de protagonistas do programa (in)VISIBLES, impulsado dende 2024, pola Concellería de Igualdade, que dirixe Ángela Troitiño para poñer en valor cada mes o traballo de mulleres referentes en distintos ámbitos da sociedade.





Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page