A Xunta aposta pola recuperación dunha muralla no Castro de Doade, en Lalín
- Laura Moure
- hace 23 horas
- 2 Min. de lectura
Os traballos comezaron a principios deste mes e terán unha duración aproximada de 25 días
Laura Moure/Lalín
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou este luns os traballos de escavación que se están a levar a cabo no Castro de Doade, no concello de Lalín, grazas a unha iniciativa da Xunta. O obxectivo dos traballos é continuar co proxecto de posta en valor deste patrimonio cultural e histórico que, dende hai máis de 15 anos está a levar a cabo o Museo Etnográfico Casa do Patrón en colaboración coa USC.

Neste caso, as labores promovidas pola Xunta consistirán na limpeza previa, escavación arqueolóxica dunha cata de 42 m2, coa posterior conservación-restauración da muralla,
con atención de visitas guiadas, así como a difusión mediante unha aplicación de realidade aumentada, a través de códigos QR instalados en carteis de pequeno tamaño.
Os traballos, que comezaron o pasado día 2 de xuño, terán unha duración aproximada de
25 días.
Publicidade
Esta 9ª campaña arqueolóxica no Castro de Doade busca facilitar unha comprensión global da zona da dobre muralla defensiva do castro rematando e estudando algunhas
zonas pendentes de escavar. Ademais, realizarase unha limpeza integral da zona e
contorna, tomando as medidas necesarias para evitar o futuro crecemento incontrolado da
vexetación.
Neste sentido, o delegado territorial aproveitou a visita para poñer en valor o gran traballo
que se está a levar a cabo neste espazo e para agradecer a labor imprescindible que ten
desempeñado o concello de Lalín e moi especialmente o Museo Etnográfico Casa do Patrón: “trátase da segunda fase dun gran proxecto de musealización deste enclave
arqueolóxico estratéxico, un dos castros máis estudados do interior de Galicia, no que
temos que seguir traballando, non solo na súa recuperación, senón tamén na súa
difusión”.
Comments