"Este estase investindo en todos os veciños levando a cabo desbroces, bacheos, proxectos, conciliación..e non se gastan en simples soldos como o gastaba o PP", subliña
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, sinala que está "canso de escoitar as
mentiras que Jesús Otero publica nos medios de comunicación". Ante isto, di que decidiu achegar datos para que todos os veciños saiban canto, segundo el, se aforra anualmente co seu goberno desde o 2019.
"Cabe recalcar que o gasto máis importante do anterior goberno do PP era Jesús Otero que no ano 2018 foi de 55.155,12 euros, (44.623,88 euros de soldo máis 10.531,24 euros á seguridade social), cotizando o máximo para ter a pensión máis alta permitida en España", recalca Taboada. Por orde de importancia, continúa, "atopámonos coa súa man dereita e secretario persoal do alcalde José Ramón Otero Rodríguez, cun gasto de 31.227,59 euros,
(25.265,04 euros de soldo ao que hai que sumarlle de Seguridade Social 5.962,55 euros), Beatriz Iglesias Sánchez custaba aos cruceños e cruceñas 28.923,64 euros (repartidos nun soldo de 23.401 euro máis 5.522,64 euros de Seguridade Social); Andrés Lareu López 25.066,57 euros, dos cales o soldo eran (20.280,40 euros e uns seguros sociais de 4.786,17 euros); Manuel Souto nos últimos anos custaba 15.629,32 euros que é a suma de 12.645,08 de soldo máis 2.984,24 euros de Seguridade Social, pero aínda continuaban sumándose gastos con asistencia a plenos e outras sesións para Diego Pallares Santos
8.930 euros, Laura Rey Conde 8.790 euros e Jose Luís Villaverde Gestal 8.980 euros", asegura o rexedor.
Sumando estas cantidades, subliña que "o goberno de Jesús Otero custaba aos cruceños e cruceñas 182.702,24 euros, en cambio o goberno de Xuntos son, Julio López cun soldo de 18.200 euros anuais ao que hai que sumarlle unha Seguridade Social de 4.295,20 euros (22.495,20 euros totais) e Mireya Otero ten un soldo anual de 20.272 euros máis unha Seguridade Social de 4.784,19 euros (25.056,19 euros)".
E "cabe recalcar que o alcalde Luís Taboada non lle custa un céntimo ao concello ao non cobrar soldo nin asistencia aos plenos (0 euros) co que a suma do custo do goberno actual é de 47.551,39 euros, conseguindo un aforro anual de 135.150,85 euros por ano, e que nunha lexislatura de catro anos o aforro total é de 540.603,40 euros, máis de medio millón de euros. Compre destacar que este aforro se está invertendo en todos os veciños e
veciñas de Vila de Cruces levando a cabo desbroces, bacheos, proxectos, conciliación..etc e non se gastan en simples soldos como o gastaba o PP de Vila
de Cruces", puntualiza o equipo de goberno local.
Taboada lémbralle a Jesús Otero que "cando Xuntos chegou ao goberno atopouse cun préstamo ao Concello de 300.000 euros co Banco Sabadell que pagamos todos os veciños e veciñas pola súa mala xestión. E máis, os números falan por si sós xa que se temos que gastar en avogados, precisamente é para defender a Vila de Cruces de todas as irregularidades cometidas por Jesús Otero, como os 10.000 euros que houbo que pagar a un avogado para que José Ramón (o seu secretario persoal) non quedara fixo de funcionario no concello entrando pola porta de atrás, sen oposición e denunciando ao seu propio xefe para lograr o posto... Por non falar dos máis de 4.000 euros de avogado por defender os dereitos de Cruces no caso dos Mapas Hilgen, etc...".
Así mesmo, o equipo de goberno, sinala que "Taboada aínda segue aforrando diñeiro coas súas xestións, como exemplo, podemos poñer que mentres Otero gastábase 31.227,59 euros no seu persoal de confianza (José Ramón Otero), Taboada soamente inviste 18.000 no seu xefe de comunicación, aforrando ao consistorio máis de 12.000 euros, do mesmo xeito que a arquitecta que entrou grazas a Otero e que houbo que despedir por unha orde xudicial, e que custaba ao concello 39.884,60, cando agora esta contratada outra arquitecta por 18.000 euros o que supón un aforro de máis de 21.000 euros". Así que Taboada aconsella a Otero "que se centre nos problemas dos veciños, como é o cobrar as facturas polos seus traballos realizados para o concello, e que el pretendía deixalos sen cobrar, no canto de mentir e enganar continuamente aos seus veciños como fixo os últimos 30 anos".
NOTICIA RELACIONADA:
コメント