top of page

Localizado en bo estado o veciño de Goiás desaparecido este luns

hace 19 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Lalín

O veciño de Bailás, na parroquia de Goiás (Lalín), que permanecía desaparecido desde este luns pola tarde, foi localizado en bo estado, segundo informou a Garda Civil a este medio ás 1:00 horas deste martes.

O operativo de busca.
O operativo de busca.

O home apareceu nunha zona próxima ao campo de tiro de Lalín. Unha das persoas que participaba no dispositivo de busca estaba chamando por el cando o veciño respondeu, permitindo así localizalo.


A pesar de atoparse ben, foi trasladado ao PAC de Lalín para ser sometido a unha valoración médica.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O dispositivo de busca, no que participaron veciños e familiares, efectivos da Garda Civil, Emerxencias Lalín e Policía Local, quedou levantado arredor da 1:00 horas da madrugada, despois de que o home fose localizado uns minutos antes.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Anxo, que padece alzhéimer, atopábase desorientado, polo que desde o primeiro momento se intensificara a súa procura, especialmente na zona urbana de Lalín, despois de que varios datos apuntasen a que se dirixira cara á vila.


NOTICIA RELACIONADA:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page