top of page

Buscan en Lalín a un veciño de Goiás desaparecido do seu domicilio

hace 4 horas
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Lalín

Un dispositivo de busca trata de localizar a Anxo, un veciño de Bailás, na parroquia lalinense de Goiás, que leva máis de tres horas desaparecido do seu domicilio, tal e como informou o Concello de Lalín preto das 22:00 horas deste luns, 21 de setembro 2026.

Anxo, o veciño desaparecido.
Anxo, o veciño desaparecido.

Anxo padece alzhéimer, polo que podería atoparse desorientado. Segundo os últimos datos manexados no operativo, tería sido visto achegándose cara a Lalín, polo que a procura está a intensificarse especialmente no casco urbano e na súa contorna.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Na busca participan efectivos da Garda Civil, Emerxencias Lalín e Policía Local, que están a rastrexar diferentes zonas para tratar de dar canto antes co seu paradoiro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A familia e o dispositivo solicitan a colaboración da cidadanía. Calquera persoa que poida ter visto a Anxo ou dispoña dalgunha información que poida axudar á súa localización poden chamar ao 678 48 47 62 (Emerxencias Lalín). ACTUALIZACIÓN! Segundo información da Garda Civil, Anxo ten un iPhone con tarxeta localizadora compatible, polo que se pide ás persoas que teñan un móbil desa marca activar o Bluetooth. Pode ser de axuda.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page