top of page

Adrián Sesar e Nuria Mejuto impuxéronse con claridade na Carreira Pedestre Popular do Pino

hace 9 minutos
2 min de lectura

Salama Loutfi e Amador Pena, e Nía Franco e Alba Muñiz completaron o podio masculino e feminino nesta 21 edición


Laura Moure/O Pino

Adrián Sesar Míguez e Nuria Mejuto Fernández foron os dominadores e impuxéronse con claridade na liña de meta da proba absoluta de 8 quilómetros da XXI Carrera Pedestre Popular do Pino, que este domingo xuntou en Arca a 270 participantes. Carlos López Platas e Cristina Carril Boo foron os mellores atletas locais, mentres que na clasificación por equipos impúxose o CA O Pino e, como clube máis numeroso, levou o premio o CA Tambre.

O atleta do C.A. O Pino Adrián Sesar dominou a carreira absoluta dende o momento de tomar a saída ata o final, cruzando a liña de meta (27:51) con once segundos de diferencia sobre o segundo clasificado, Salala Moutfi (28:02) e case un minuto antes que Amador Pena (28:48), que foi o terceiro clasificado.


O mesmo ocorreu na proba feminina. Nuria Mejuto dominou a carreira dende o principio. A atleta da SD Compostela rematou os 8 quilómetros nun tempo de 34:12, cunha clara diferencia sobre Nía Franco (35:42), do Trieume As Pontes, e Alba Muñiz Lesta (35:58), da Asociación BJ Running Team.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Na proba absoluta, os mellores atletas locais foron Carlos López Platas (33:28), Miguel García Duro (34:16) e Manuel Fandiño (35:35), mentres que en categoría feminina subiron ao podio Cristina Carril Boo (42:24), Ana María Fandiño Vilacide (48:35) e Alba Lea Duro (57:25).


O Club Atletismo O Pino (39 puntos) impúxose na clasificación por equipos ao Club Triatlon

Compostela (52) e a SD Compostela (106), mentres que o Club Atletismo Trambre gañou na categoría feminina e tamén o premio ao club con maior número de participantes na proba.


Un ano máis, José Pantín e Elvira Tresguerras levaron o premios como atletas máis veteranos da carreira popular do Pino.


O alcaldle, Manuel Taboada; e os concelleiros Borja Castro, Eva Varela e José Fuentes entregaron os trofeos aos gañadores, xunto con Ángeles Salmonte, representantes do C.A. O Pino.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

No resto de categorías, Mauro Fuentes e Icía Castro, gañaron a proba Sub-18; e Brais Rendo e Clara López foron os máis rápidos na categorías Sub-16.


Ao máis alto do podio no resto de probas subíronse Antonio Sanmartín e Carla Suárez (Sub-14), Mateo Vilela e Mireia Díaz (Sub-12), Álex Oviedo e Celtia López (Sub-10) e Anxo Antelo e Sofía Rodríguez (Sub-8).

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page