top of page

O alcalde de Agolada "impide ao BNG celebrar un magosto organizado por eles nos Pendellos"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"Pero anunciamos que o noso Magosto terá lugar o día 11 ás 18 horas, tal e como tiñamos previsto, o lugar da celebración inda está por determinar, pero por máis trabas que se nos poñan dende o Concello atoparemos un sito para celebralo", sinala o BNG


Ecos da Comarca/Agolada

O BNG de Agolada acusa ao alcalde do municipio, Luis Calvo, de impedirlles celebrar un magosto nos Pendellos o vindeiro 11 de novembro. Este o escrito enviado polo grupo nacionalista.

"Parece ser que o Alcalde de Agolada non lle sentou ben a carta da nosa compañeira e concelleira do BNG de Agolada, publicada o pasado domingo na prensa. Que agora está decidido a tomar represalias e boicotear os actos que poida ter este grupo político.


O pasado 20 de outubro unha compañeira solicitou no Concello o Pendello comedor para o día 11 de novembro. Solicitoullo a secretaria do alcalde, que é o habitual e como sempre se fai. A secretaria comprobou que non houbese nada para esa data, e así llo confirmou dicindo: “para ese día non temos nada, esta o pendello libre, así que sen problema , tes o pendello para o día solicitado”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Entón, dende o grupo BNG, unha vez confirmado que se tiña o Pendello Comedor para a fecha solicitada, empezamos a traballar para organizar un Magosto. Conseguimos que o Gaiteiro Raúl Galego nos confirmase a súa presenza no acto, e que tocaría acompañado de músicos agoladenses. Preparamos a carteleiría co acto, e os anuncios para as redes sociais. O día 26 de outubro anunciamos o magosto nas redes sociais (pódese comprobar). E coa intención de o día seguinte, 27 de outubro ir poñer por as parroquias o cartel do acto, para que todos os veciños e veciñas que o desexasen viñesen pasar un anaco con nós.


A nosa sorpresa é que o día 27 (venres) as tres menos dez da tarde, a nosa compañeira recibe un mail da secretaria do alcalde, indicando que non nos poden deixar o Pendello Comedor para o día 11. Xa que o día 10 vaise facer o magosto do concello (do cal aínda no vimos ningún anuncio), e non nos garantian que o día seguinte este limpo pendello para o noso acto. Tratouse de falar con algún concelleiro/a, falouse ca secretaria e tamén se

falou co alcalde en busca de unha explicación, o que foi inútil. O único que nos dixo o alcalde foi “tedes moitos días para celebrar o voso magosto” en tono pouco amigable e menos amable e sen máis explicacións colgounos o teléfono (xa para que contestase tivemos que estar a chamar durante toda a tarde).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Pois non señor, non temos moitos días porque temos gaiteiros e máis músicos confirmados, porque invertemos cartos e tempo en organizar todo. Así que a día de hoxe, por capricho do señor alcalde, e por a súa manía de nunca limpar os pendellos despois das festas non podemos celebrar o noso magosto no pendello solicitado e concedido o día 20/10, porque

entendemos que se fai o 10 o magosto e o 11 non nos pode deixar a nós, será porque non ten intención de limpar os pendellos ata o luns... algo xa habitual cando fai algunha celebración. Deixando o entorno toda a fin de semana feito un desastre.


Pero anunciamos que o noso Magosto terá lugar o día 11 de novembro as 18 horas, tal e como tiñamos previsto. O lugar da celebración inda está por determinar. Por máis trabas que se nos poñan dende o concello atoparemos un sito para celebralo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

E recordamos o señor Alcalde que nin nos vai parar, nin nos vai calar, así como dicirlle que os pendellos son de todos e todas as veciñas e veciños, no só del. Que todos temos o dereito a usalos e o deber de conservalos e limpalos, e que se se fai unha festa o venres o sábado a mañan ten que estar todo limpio e recollido, e mais cando o responsable é o propio concello".

BNG Agolada


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page