top of page

Carta de Susana Tato Pampín, concelleira do BNG Agolada, sobre o último pleno extraordinario

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Agolada

A concelleira do BNG de Agolada, Susana Tato Pampín, enviounos este sábado unha carta para pronunciarse sobre o último pleno extraordinario celebrado neste municipio o pasado venres.

Susana Tato

A súa carta íntegra:

"Cando era pequena miña avoa contábame historias de cando ela era máis nova. Falaba do respecto e do medo que tiñan á autoridade, contábame que cando pasaban os gardas o señor cura os homes tiñan que quitar a pucha, e todos debían agachala cabeza... A min costábame entender moitas veces esas historias, porque crecín ca idea de que ninguén e máis que ninguén, así me educaron. E tamén me educaron con valores e respecto as persoas con independencia de que sexan, que fagan, que pensen ou que defendan.


Pero onte no Pleno Extraordinario celebrado no Concello de Agolada, tiven unha viaxe no tempo, volvín a ese tempo do que me falaba miña avoa, e non daba crédito. Metinme na política para defender unhas ideas, uns intereses... pero sempre dentro do respecto, da educación e dos meus valores. O que vivín onte foi un “circo” montado por o señor Alcalde Luís Calvo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Onte o Señor Alcalde coa súa actitude autoritaria, déspota e ignorante o que fixo foi insultar todos os veciños e veciñas de este Concello. Non só non quixo dar explicacións dos temas que se trataban, contestando en cada momento o que lle parecía, falando de tempos pasados... Pero teño o deber de recordarlle que xa estivo catro anos no poder con maioría

absoluta. E que esta é a súa segunda lexislatura, que xa non vale vivir dos erros cometidos por o anterior alcalde e ten que empezar a asumir e explicar o seus propios erros.


Atreveuse, o señor Alcalde Don Luís Calvo a chamar a Garda Civil para expulsar un Concelleiro do PP da sala de Plenos, dicindo que non respectaba a Autoridade... Pois eu, que estaba presente en dito Pleno, vivindo una situación irreal e indescritible ,as únicas faltas de respecto que vin foron as do Señor Alcalde cara os Concelleiros e Concelleiras da oposición. Desde tratarnos de parvos, mentireiros, hasta atreverse a votar en cara a unha Concelleira do PP que solicitase unha axuda do Concello.. ¿¿será que as axudas e subvencións o Señor Alcalde só pretende que as pidan os que lle apoian e votan??


Señor Alcalde, os datos que se manexaron no Pleno, son os datos que aparecen na páxina do Ministerio e que son Públicos e os que todos os veciños e veciñas temos acceso. Señor Alcalde, o traballo da oposición é fiscalizalo, controlalo... por moita Autoridade que vostede sexa ten a obriga de dar explicacións do que fai cos cartos de todos e todas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Eu que estou nas Antípodas da ideoloxía política do Partido Popular, que sempre os considerei Caciques, Señoritos e manipuladores onte vivín unha situación na que puiden comprobar en primeira persoa que o verdadeiro Cacique o verdadeiro manipulador dentro do Concello de Agolada é o señor Alcalde Don Luis Calvo Miguélez.


E quero deixar moi claro que por moita Autoridade que proclame ser o señor Alcalde dende o BNG nunca apoiaremos este tipo de condutas bochornosas e anti democráticas que nos levan a vivir situacións ditatoriais dentro do noso concello.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Sempre apostaremos por os debates abertos, por o diálogo e por a Igualdade... que no Pleno non somos máis que 11 veciños e veciñas tratando de defender e xestionar os intereses e os cartos da veciñanza e ninguén e máis que ninguén ni por moito Alcalde que sexa...


E atrévome a recordarlle Señor Alcalde, que xa perdeu un Concelleiro esta lexislatura e Alcaldes máis consolidados no tempo caeron, que non se lle suba máis o cargo a cabeza que os veciños e veciñas igual que castigaron a Ramiro Varela e o PP no seu día, poden cansarse e decidir facerlle o mesmo a vostede, que cos seus comportamentos, débedas e xuicios pendentes no lle vexo eu moi claro o seu futuro de Autoridade máxima no Concello de Agolada".


* Susana Tato Pampín, concelleira do BNG de Agolada.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page