top of page

O 9 de maio terá lugar a Ruta polo Románico na Ulloa

Xa están abertas as inscricións


Ecos da Comarca/A Ulloa

O 9 de maio terá lugar a Ruta polo Románico na Ulloa, unha iniciativa que a Deputación provincial organiza por sexto ano consecutivo e que consiste nunha serie de itinerarios gratuítos polo románico da provincia para conmemorar o Día da Transrománica.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A programación desta sexta edición inclúe 16 rutas polo patrimonio románico da provincia durante cinco xornadas: os días 8, 9, 10, 16 e 23 de maio. Cada itinerario conta cun máximo de 20 prazas, agás o de Lugo, que contará cun total de 25 prazas, polo que no conxunto do programa se ofertan 325 prazas. Todas as actividades estarán dirixidas por un guía oficial de turismo.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

As inscricións poderán realizarse na web https://inscricions.deputacionlugo.org/ ata dous días antes de cada actividade ou ata completar aforo. Para máis información, as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 982 260 011 e 982 260 234, en horario de 9 a 14 horas.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page