top of page

UCIN Galicia denuncia o “abandono” dos servizos de emerxencias e apoia as reivindicacións dos GES

Ecos da Comarca/Xeral

UCIN Galicia manifesta o seu firme apoio ás reivindicacións dos profesionais dos

Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) tras as denuncias públicas sobre a falta

de efectivos, peches de servizos e precariedade operativa en distintos puntos do

territorio galego.

José Luis Calo.
José Luis Calo.

A formación considera “extremadamente grave” a situación actual, na que, segundo denuncian os propios traballadores, existen quendas cubertas por un único efectivo,

instalacións pechadas ou con limitacións horarias, e unha evidente falta de medios para

garantir unha resposta rápida e eficaz ante emerxencias.


O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, é contundente: “Estamos ante un problema de primeira orde que afecta directamente á seguridade da cidadanía. Non se pode permitir que haxa concellos onde a resposta ante unha emerxencia dependa dun só bombeiro. Iso non é eficiencia, é abandono institucional.”

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Desde UCIN Galicia critican a xestión da Xunta de Galicia nesta materia, á que acusan

de “incumprir promesas reiteradas” e de “deixar nun segundo plano aos pequenos e

medianos concellos”, que dependen en gran medida destes servizos. “A Xunta leva anos prometendo reforzos que non chegan. Mentres tanto, os profesionais dos GES traballan en condicións límite e a cidadanía queda desprotexida. A seguridade non pode ser un privilexio, ten que ser un dereito garantido”, engadiu Calo.


A formación reclama:

• O reforzo inmediato dos cadros de persoal dos GES

• A cobertura de todas as quendas con equipos completos

• A reapertura dos servizos pechados e a ampliación de horarios

• Un plan urxente de investimento en medios materiais e infraestruturas

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

UCIN Galicia conclúe facendo un chamamento á responsabilidade institucional e esixindo medidas urxentes: “Non imos mirar para outro lado. Galicia merece uns servizos de emerxencias dignos, con garantías e á altura das necesidades reais da poboación.”


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page