top of page

PuntoGal, Dinahosting e a Asociación de Medios en Galego celebran o xornalismo na nosa lingua

Dende o 17 ata o 31 de maio as persoas que se subscriban nalgún dos medios participantes na campaña recibirán un dominio .GAL e un hosting totalmente de balde


Ecos da Comarca/Xeral

Neste mes de maio e, con motivo do Día das Letras Galegas e o Día de Internet, a Asociación de Medios en Galego (mediosengalego.gal ), a provedora de servizos dinahosting (dinahosting.gal) e PuntoGal (dominio.gal ) unen esforzos para apoiar o uso do

galego nos medios de comunicación a través da iniciativa “Subscríbete ao galego”.


Dende o 17 de maio ata o 31 do mesmo mes, as persoas que se subscriban nalgún dos medios participantes na campaña recibirán un dominio .GAL e un hosting totalmente de balde durante o período dun ano. Este agasallo está valorado en máis de 170€.

Os usuarios beneficiarios recibirán os seus códigos para obter o seu hosting e dominio gratis ata o 30 de xuño.


Razóns de “Subscríbete ao galego”

Nun contexto cada vez máis global e profundamente condicionado polo uso das tecnoloxías dixitais, a Asociación de Medios en Galego, dinahosting e PuntoGal unen esforzos para promover unha maior presenza da nosa lingua na Internet.


A través desta iniciativa, as persoas beneficiarias poderán acceder gratuitamente a un dominio.GAL e a un servizo de hosting web, o que lles permitirá dispoñer dunha conta de correo profesional co seu propio dominio e poñer en marcha o seu proxecto web sen afrontar custos iniciais. Trátase dunha oportunidade para impulsar a creación de contidos en galego e avanzar na normalización do idioma tamén no ámbito dixital.


Ao mesmo tempo, esta campaña contribúe a fortalecer os medios participantes. Ofrecer valor engadido ás persoas que decidan subscribirse é unha fórmula eficaz para ampliar a base social e reforzar a presenza e a relevancia dos medios en galego.

Os medios con subscrición que participan nesta campaña son:

 A movida

 A Trabe de ouro

 Código Cero

 Mallando no Android

 Mazarelos

 Nós Diario

 O Salto Galiza

 Ouke!

 Revista Grial

 Revista Luzes

 Tempos novos

 Tempos dixital

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Medios sen subscrición que participan na campaña son:

AMSGO!

 A Nova Peneira

 A Xente de Teo

 Bisbarra

 Biosbardia

 Boísimo

 Crónicas da comarca

 Ecos da Comarca

 Emuga

 Galicia Confidencial

 Gciencia

 Galicia Xa

 Lindeiros

 Nós Televisión

 O Barbanza

 O Sil

 Picheleiro

 Ponte nas... Ondas!

 Que pasa na costa

 Revista Pincha

 Xornal da Coruña

 Xornal da Estrada


Sobre PuntoGal

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai en torno a 7.700 dominios .gal rexistrados. Para máis información: dominio.gal 

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Sobre Dinahosting

Dinahosting leva máis de 20 anos ofrecendo solucións para todo tipo de proxectos web, dende as páxinas máis sinxelas ás infraestruturas online máis esixentes. O noso equipo humano e a nosa aposta polas tecnoloxías de última xeración permiten responder aos clientes na maior brevidade e en todo momento. Ademáis é un único rexistrador autorizado por ICANN en Galicia para a venda de dominios. Para saber máis: dinahosting.gal


Sobre AMEGA

AMEGA nace no 2013 cos principais obxectivos de defender os intereses dos seus asociados favorecendo así o fortalecemento dos medios de comunicación en galego, contribuíndo ao proceso de asentamento do sector e á consolidación dun espazo de comunicación en galego, fomentando a súa presenza pública, tanto individual como conxunta. Máis información en mediosengalego.gal


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page