Abertas as inscricións para participar na II Marcha BTT Cicloturista “Destino Verde” de Arzúa
- ecosdacomarca

- hace 7 minutos
- 1 Min. de lectura
A cita será o 24 de maio
Laura Moure/Arzúa
O municipio de Arzúa converterase o vindeiro 24 de maio nun punto de encontro para os amantes do ciclismo de montaña coa celebración da II Marcha BTT Cicloturista “Arzúa Destino Verde”, unha cita deportiva que combina natureza, deporte e promoción turística. Xa están abertas as inscricións. A iniciativa está organizada pola Concellería de Turismo de Arzúa, liderada por Begoña Balado.
A proba, que dará comezo ás 9:30 horas, ofrecerá tres percorridos adaptados a distintos niveis de esixencia física:
Ruta curta: 32 km cun desnivel positivo de +503 metros
Ruta intermedia: 49 km cun desnivel de +1027 metros
Ruta longa: 70 km cun desnivel de +1665 metros
A marcha discorrerá por paraxes naturais do concello, ofrecendo aos participantes a oportunidade de gozar do entorno verde que caracteriza a zona, ao tempo que se fomenta un estilo de vida saudable e o turismo activo.
PUBLICIDADE
As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través da plataforma Sportmaniacs https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/ii-marcha-cicloturista-btt-arzua-destino-verde
PUBLICIDADE
Con esta segunda edición, Arzúa consolida unha proposta que busca situarse no calendario de eventos deportivos de referencia en Galicia, atraendo tanto a ciclistas afeccionados como a público visitante.









Comentarios