top of page

O 31 de maio os pobos levántanse contra as macroplantas de biogás e biometano

Ecos da Comarca/Xeral

Baixo o lema “Nin no teu pobo nin no meu”, decenas de colectivos de toda España convocan para o próximo 31 de maio concentracións simultáneas en pobos e cidades ás 12 horas para esixir a paralización inmediata de todos os proxectos de macroplantas de biogás e biometano, tanto en tramitación como xa aprobados. Desde Galicia ata Andalucía, pasando por Castela e León, Castela-A Mancha, Murcia, Estremadura, Navarra ou Cataluña, as comunidades afectadas están a organizarse para dicir basta. Esta xornada de loita, impulsada pola rede estatal StopBiogás, denuncia un modelo que devasta o medio rural, degrada o territorio e pon en risco a saúde das persoas, fomentado sen transparencia e sen escoitar á cidadanía. En Galicia, será en Lugo, convocada pola Asociación Colectivo Ceciñal Berce do Ulla de Antas de Ulla e a Plataforma Non á Planta de Biometano de Lugo.

Que problemática denuncian?

As macro-plantas de biogás e biometano están a ser presentadas como instalacións

“verdes” ou “circulares”, cando en realidade, sinalan " son grandes instalacións industriais contaminantes, que reciben e procesan residuos como xurros, lodos de depuradora, restos orgánicos urbanos, restos agrícolas,subprodutos de matadoiros ou mesmo cadáveres animais. Destas plantas obtense un residuo tóxico: o dixestato, que contén metais pesados,bacterias resistentes, fármacos veterinarios, nitratos e outras substanciascontaminantes. O seu esparexemento ou almacenamento inadecuado pode xerar focos de contaminación en chans, acuíferos e atmosfera, provocando cheiros

insoportables, proliferación de insectos e aumentando os riscos para a saúde pública. Podendo mesmo derivar en crises sanitarias como ocorreu coa das vacas tolas. Lonxe de fomentar unha economía circular, estas macro-plantas necesitan un fluxo constante e crecente de residuos para ser rendibles. Isto reforza o modelo agroindustrial contaminante, especialmente o da gandería intensiva. En moitos territorios, están a promoverse novas macro-granxas baixo a escusa de que os residuos serán procesados en macro-plantas de biogás. Isto crea un círculo vicioso que multiplica a contaminación: máis animais, máis residuos, máis digestato,máis emisións. O biogás convértese na coartada para legalizar a expansión dun modelo insostible".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Estes proxectos non xeran beneficios reais para os pobos: crean pouco emprego, deterioran os recursos naturais, desvalorizan as vivendas e dificultan un modelo

rural sostible. Ademais, a tramitación dos proxectos realízase con total opacidade e sen

participación veciñal. Apróbanse con avaliacións ambientais incompletas ou nesgadas, e fináncianse con fondos públicos baixo promesas falsas de sustentabilidade. Crean ruptura social , fomentando a confrontación entre os veciños e veciñas. Quen cuestiona estes proxectos son tachados “inimigos do progreso”".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Que esixen?

A paralización inmediata de todos os proxectos de macro-plantas de biogás e biometano en tramitación ou/e aprobados, así como novos proxectos. "Unha transición cara a un modelo enerxético xusto e descentralizado, centrado no autoconsumo, a eficiencia enerxética e as renovables verdadeiramente sostibles, sen converter aos pobos en zonas de sacrificio. Unha xestión de residuos responsable e en orixe, baseada na redución de residuos, a compostaxe local e o fin do malgasto agroindustrial. Que se respecte o dereito dos territorios para decidir o seu modelo de desenvolvemento, apostando por alternativas vivas como a gandería extensiva, a agroecología e o turismo rural".

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page