Novas medallas para o Club Atletismo Deza no provincial alevín
- ecosdacomarca
- hace 6 horas
- 1 Min. de lectura
Tamén formou parte de dous equipos de clubs filiais, axudando a que o Ourense feminino e o Gimnástica de Pontevedra masculino acadasen as súas medallas
Ecos da Comarca/Deza

Na pasada fin de semana, o Club Atletismo Deza estivo presente no Campionato Galego de Clubs Sub 16. Participou co equipo filial do Ourense, no que a deportista de Deza Valeria Pájaro realizou a proba de lanzamento de peso, acadando unha nova marca persoal e colaborando así a que o Ourense acadase a prata.
Na categoría masculina, Beltrán Rivas participou co equipo filial da Gimnástica de Pontevedra, nas probas de lanzamento de peso e salto de altura. O deportista gañou en ambas probas, sendo clave para que o equipo pontevedrés se proclamase campión.
Publicidade
Dende o Club, mostran o seu orgullo por estes dous atletas e felicitan aos dous clubs filiais por acadas as medallas.
Publicidade
Deza tamén estivo presente no campionato provincial alevín, no que tivo unha gran participación e acadou dúas medallas: unha de prata con Xoán Peón en pelota e un bronce con Telma Salgueiro en salto de altura.
Comments