top of page

Novas medallas para o Atletismo Deza no Campionato Sub 16 celebrado en Pontevedra

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O club recolleu dous ouros en salto de altura e triple salto da man de Beltrán Rivas, quen participará no Campionato de España


Ecos da Comarca/Deza

O pasado sábado celebrouse en Pontevedra o Campionato Sub16 en pista de aire libre. Por parte do Club Atletismo Deza participaron catro atletas.

Beltrán Rivas foi o encargado de colleitar dous ouros máis para o Club: un en salto de altura e outro en triplo salto. Esta foi a última competición antes do Campionato de España que terá lugar en dúas semanas en Lleida, e ao que asiste como favorito en salto de altura. Cabe puntualizar que esta proba non a pode adestrar en Lalín e por iso se despraza a Pontevedra para poder asistir a Lleida nas mellores condicións.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Por outra banda, Xabier Salgueiro quedou sétimo en 1.500 metros obstáculos, que é outra das probas que non se pode adestrar no espazo de Lalín. Eloisa Fernández obtivo un quinto posto en lanzamento de xavelina.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Finalmente, Valeria Pájaro non puido realizar as probas de 200 metros balados e 500 metros lisos porque durante o quecemento sufriu unha pequena lesión.

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page