Naturgy e a UME realizan un exercicio conxunto de emerxencia ambiental no embalse de Portodemouros
- Laura Moure
- 21 mar 2023
- 1 Min. de lectura
A maniobra consistiu na intervención ante un suposto derrame de hidrocarburos
Laura Moure/Xeral

A Unidade Militar de Emerxencias (UME) das Forzas Armadas Españolas e a Brigada de Emerxencia e Intervención Rápida Ambiental (BEIRA) de Naturgy realizaron hoxe un exercicio conxunto de xestión dunha emerxencia ambiental na presa de Portodemouros.
Na manobra participaron o Quinto Batallón de Intervención en Emerxencias (BIEM V) e efectivos da BEIRA, o servizo 24x7 da compañía enerxética especializado na atención deste tipo de emerxencias.
A operación consistiu na contención dun suposto derrame de hidrocarburos. Realizouse na contorna de coroación da presa, para o que houbo que realizar un despregamento de embarcacións no encoro e diversos medios de contención e absorción. Este tipo de exercicios enmárcase no compromiso de Naturgy coa protección do medio ambiente e forma parte da cultura de prevención en materia de seguridade e saúde da compañía.

Naturgy colabora coa UME desde hai anos a través de exercicios conxuntos, nos que se lles achega o coñecemento sobre a intervención en encoros e ríos.
Prácticas como as realizadas hoxe xunto a Naturgy contribúen á preparación dos militares desta unidade militar que interveñen en todo tipo de accidentes e incidentes, ademais de mellorar os protocolos de colaboración cos técnicos da compañía enerxética.
NOTICIAS RELACIONADAS:
O Concello de Vila de Cruces anuncia que a UME fará prácticas en Portodemouros: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-unidade-militar-de-emerxencias-ume-elixe-cruces-para-facer-as-s%C3%BAas-pr%C3%A1cticas-en-portodemouros
Chegada da UME este luns ás comarcas: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-unidade-militar-de-emerxencias-ume-xa-est%C3%A1-polas-comarcas-onde-far%C3%A1-pr%C3%A1cticas-en-portodemouros
Comments