Esta foi creada polo acordo do Consello de Ministros do 7 de outubro de 2005 para mellorar a resposta do Estado ás emerxencias, convirtíndose na unidade de primeira intervención das Forzas Armadas nestas situacións
Laura Moure/Xeral
Este pasado sábado o Concello de Vila de Cruces informaba que a Unidade Militar de Emerxencias (UME) elixiu este concello para acampar mentres estea realizando as súas prácticas no encoro de Portodemouros. Pois este luns xa chegou ás comarcas, como se puido ver circular os distintos vehículos polos concellos dos arredores.
Hoxe sobre as 17 horas pola parroquia de Berredo (Agolada). Autor: Ecos da Comarca
A Unidade Militar de Emerxencias (UME) é unha forza conxunta, organizada con carácter permanente, que ten como misión a intervención en calquera lugar do territorio nacional, para contribuir á seguridade e benestar dos cidadáns, xunto coas institucións do Estado e as Administracións Públicas, nos supostos de grave risco, catástrofe, calamidade ou outras necesidades públicas, conforme ao establecido na Ley Orgánica 5/2005, de 17 de noviembre, de la Defensa Nacional e o resto da lexislación vixente.
Creada polo acordo do Consello de Ministros do 7 de outubro de 2005, nace para mellorar a resposta do Estado ás emerxencias, convirtíndose na unidade de primeira intervención das Forzas Armadas nestas situacións.
Pouco despois do mediodía puideron verse circular pola EP-3602 Berredo-Brántega, pola que volveron pasar a media tarde dirección Melide.
Hoxe, preto das 15 horas, pola EP-3602 en Artoño (Agolada). Autor: Ecos da Comarca.
O Real Decreto 1097/2011 do 22 de xullo, aprobou o Protocolo de Intervención da Unidade Militar de Emerxencias e establece que a intervención da UME poderá ser ordenada cando algunha das seguintes situacións de emerxencia se produza con carácter grave, independientemente de que se trate dunha emerxencia de interere nacional ou non:
As que teñan a súa orixe en riscos naturais, entre elas inundacións, avenidas, terremotos, deslizamentos de terreo, grandes nevaradas e outros fenómenos meteorolóxicos adversos de gran magnitude.
Os incendios forestais.
As derivadas de riscos tecnolóxicos, e entre eles o risco químico, o nuclear, o radiolóxico e o biolóxico.
As que sexan consecuencia de atentados terroristas ou actos ilícitos e violentos, incluindo aqueles contra infraestruturas críticas, instalacións perigosas ou con axentes nucleares, biolóxicos, radiolóxicos ou químicos.
A contaminación do medio ambiente.
Calquera outra que decida o Presidente do Goberno.
As actuacións da UME ante algunha destas situacións concrétanse na planificación, o adestramento e a intervención. Sen embargo a UME non realiza tarefas de prevención e os seus efectivos actuarán sempre encadrados na unidade á que pertencen e dirixidos polos seus cadros de mando.
Este protocolo faculta, asimesmo, ao ministro de Defensa a dictar as disposicións que sexan necesarias para reglamentar as condicións operativas que resulten de aplicación á participación da UME en operacións no exterior.
Anuncio da elección da UME de facer prácticas en Portodemouros: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-unidade-militar-de-emerxencias-ume-elixe-cruces-para-facer-as-s%C3%BAas-pr%C3%A1cticas-en-portodemouros
コメント