top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Milhulloa, de Palas de Rei, e Aira pecharon a experiencia dos Venres Cooperativos

Esta empresa da Ulloa cultivar e comercializa plantas medicinais ecolóxicas


Ecos da Comarca/A Ulloa

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade celebrou o último dos catro Venres Cooperativos organizados pola Xunta con vistas á conmemoración do Día Internacional do Cooperativismo o vindeiro 1 de xullo.

Esta xornada de portas abertas permitiu coñecer o traballo da cooperativa produtora de lácteos, pensos e fertilizantes AIRA, de Taboada, e de Milhulloa, que se dedica desde Palas de Rei a cultivar e comercializar plantas medicinais ecolóxicas.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego dá así a coñecer unha vez máis a experiencia de cooperativas de diferentes eidos co fin de atraer novas emprendedoras e emprendedores que poidan iniciar actividades nas fórmulas da economía social.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A Xunta trata de dar visibilidade á fórmula e valores do cooperativismo a través de experiencias reais asentadas no noso territorio que expoñen, así mesmo, as funcións dos polos de emprendemento e apoio ao emprego en aras de favorecer a creación de redes de colaboración e negocio.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page