Ecos da Comarca/Melide
A segunda xornada de limpeza levada a cabo pola Asociación Troiteiros Río Furelos tamén xa tivo lugar e tal e como indica o colectivo recolleuse menos lixo do agardado, algo que sempre é positivo, pero tamén se atoparon con algunha sorpresa desagradable.
Publicidade
O comunicado do colectivo:
"Menos lixo do agardado, na segunda xornada de limpeza do Río Furelos, aínda que si
con sorpresas: 100 kg de plásticos, latas, roupa, martelo de ferro, etc. Nas labores de limpeza participaron nesta ocasión 20 veciños que se repartiron a zona entre os Pasales de Petos e a Ponte da Pedra, nunha mañá gris e algo chuviosa.
O abraio desagradable para cos veciños é unha toma ilegal de auga directa do río Furelos, que por suposto xa foi denunciada diante de Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente para que se tomen as medidas necesarias.
De abraio en abraio rouban e rompen o que é de todos. Tamén podemos comprobar como os desaprensivos ou mellor dito “Amigos do Axeno”, foron capaces de roubar tres dos rolos do pantalán da Tosta (sen barcos) que hai no Furelos e do mal estado do mesmo e da rotura de parte do mobiliario (bancos de pedra).
Publicidade
Toda esta situación dá a sensación de desleixo total para co río Furelos por parte das autoridades, algo que non nos cansaremos de denunciar e por suposto de defender o seu mantemento en condicións optimas para o desfrute de todos os veciños.
A próxima xornada é para o día 9 entre a Ponte Romana de Furelos e os Pasales de Petos, incluindo neste tramo os regos de A Martagona ata O Ribeiro e o de Sandión ata Reboirós".
Asdo. Xavier Pazo Blanco
Presidente Asoc. Troiteiros Río Furelos
NOTICIAS RELACIONADAS:
Anuncio das xornadas: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-asociaci%C3%B3n-de-troiteiros-r%C3%ADo-furelos-organiza-as-xix-xornadas-de-limpeza-2023
Noticia da primeira recollida deste ano: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-r%C3%ADo-furelos-%C3%A9-un-deber-de-todos
Bình luận