top of page
Foto del escritorecosdacomarca

"O RÍO FURELOS, É UN DEBER DE TODOS"

"Tes o dereito a gozar del e a obriga de coidalo", recalca a Asociación Troiteiros Río Furelos despois da primeira Xornada de Limpeza neste río na que recolleu 150 kg de lixo



Ecos da Comarca/Melide

A Asociación Troiteriros Río Furelos levou a cabo a primeira limpeza do río Furelos enmarcada nas XIX Xornadas de Limpeza. A cantidade extraída foi de 150 quilos de lixo entre a Ponte da Pedra e a Ponte de Fraga, nos concellos de Melide e Toques, algo que non deixa de decepcionar ante a falta de concienciación por parte da sociedade.


O colectivo emitiu o seguinte comunicado:

"Prepotencia, apatía, soberbia, falta de empatía…poderiamos seguir buscando epítetos, verbas sonoras, bonitas ou feas, pero imos ir o que interesa e se despois alguna persoa ten dúbidas ou necesita un tutorial que non dude en preguntar. Imonos referir só ao que afecta ao río Furelos aínda que cremos que é extrapolable a outros ríos de Galicia.


Publicidade

Chegados a maioría de idade temos a sensación de que todo esforzo anterior non valeu de nada. Xa son 18 anos retirando do río Furelos lixo e XIX Xornadas Limpeza feitas. E miles e miles de kilos de lixo retirados.


Non hai responsabilidade co río Furelos, un río que forma parte e está ligado ao desenvolvemento humano da Terra de Melide, dependemos da auga con que nos agasalla e non somos conscientes do seu valor nin por parte dos Organismos públicos (concellos de Toques, Melide, Santiso e Xunta de Galicia) nin de moitos veciños.


A RAE di que é cínico quen actúa con falsedade ou desvergoña descarada ou allea. Ou as dúas cousas, tal é o caso. É cínico quen cala e é colaborador necesario co seu silencio.

GREENWASHING, termo inglés que define as malas prácticas que algún realiza cando presentan algo como respetuoso aínda que na realidade, non o sexa.


Sempre e por desagraza houbo xente sin ética, sin conciencia medioambiental que non pensa no futuro.

Bolsas de plástico, latas de conservas, refrescos, roupa, cordeles, arámes, calzado, plásticos de silos, señais informativas do Tecor de Caza e do Río, matrículas de coche e tractores, balóns de futbol, botas de goma, vertidos… un sin parar co que nos atopamos nesta primeira Xornada de Limpeza.


Retiramos 150 kg de lixo entre a Ponte da Pedra e a Ponte de Fraga, nos concellos de Melide e Toques.


Publicidade

Somos conscientes de que esta cantidade de lixo vai ser aumentada considerablemente nos próximos sábados 2-9 de setembro que seguiremos limpando o resto do tramo acoutado dende a Ponte Romana ata a Ponte da Pedra no río Furelos, e parte dos afluentes do Rego de Sandión, Martagona e Vilamor.


Tamén retiraremos os tampóns feitos por árbores caídas polo temporal co fin de evitar danos maiores ante posibles enchentas do río Furelos".


Asdo. Xavier Pazo Blanco

Presidente Asoc. Troiteiros Río Furelos. (Entidade colaboradoa de Medio Ambiente).


NOTICIA RELACIONADA:



1 comentario

Entradas Recientes

Ver todo

1 comentário


MRoca
MRoca
31 de ago. de 2023

Tedes toda a razón. Se non nos concienciamos todos, non conseguiremos nada. É un problema de falta de civismo, sen mais.

A todos os que vos esforzades e traballades duro, so podo dicir grazas infinitas.

Os meus recordos favoritos da infancia están en Furelos.

Curtir
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page