Máis de cen colectivos veciñais, ecoloxistas, do mar, sindicais e de defensa do patrimonio rexeitan o novo proxecto de mina de Touro
- ecosdacomarca
- 17 jun 2024
- 5 Min. de lectura
Tíldano como unha “copia barata do anterior, que xa foi chumbado en 2020 ao recibir unha Declaración de Impacto Ambiental negativa"
Ecos da Comarca/Xeral
Máis dun cento de colectivos veciñais, ecoloxistas, do mar, sindicais e de defensa do patrimonio cultural e do Camiño de Santiago veñen de mostrar o seu máis rotundo rexeitamento á nova tentativa de Atalaya Mining de forzar a aprobación da apertura da mina de Touro, censurando ademais que "a Xunta ocultara, con fins electorais, a súa tramitación como proxecto industrial estratéxico". Sinalan que o novo proxecto de explotación e estudo de impacto ambiental, presentados o 23 de xaneiro deste ano, semanas antes das eleccións, é unha “copia barata do chumbado en 2020 cunha declaración de impacto ambiental negativa polos seus previsíbeis impactos sobre o sistema fluvial do río Ulla".

Sinalan que "lonxe de enmendar o proxecto anterior, Atalaya Mining e a súa filial Cobre San Rafael volven a pór enriba da mesa unha enorme balsa de 23 millóns de metros cúbicos de residuos tóxicos con 1,6 km de lonxitude e unha altura similar á da Catedral de Santiago. O depósito de residuos está a menos de 500 metros do núcleo de poboación Arinteiro cuxa poboación sería aniquilada en caso dun accidente". De feito, a instalación proposta sería ilegal en países como Brasil, Ecuador ou China. Segundo os colectivos asinantes, "o único que cambiou nos últimos 4 anos foi a cantidade de diñeiro ‘invertido’ pola mineira en propaganda e campañas de desinformación sobre a realidade do proxecto, que ocuparía máis de 800 hectáreas".
Por iso, anuncian unha mobilización masiva e sen precedentes para impedir "o fraude que supón declarar como proxecto industrial estratéxico unha proposta que xa foi declarada
ambientalmente inviábel. A declaración como proxecto estratéxico suporía reducir á metade os prazos da tramitación, a non suxeción aos títulos habilitantes urbanísticos, a declaración de interese social a efectos expropiatorios e a concesión de subvencións sen concorrencia competitiva, co que se pretende unha tramitación exprés que impida a participación pública e que os organismos sectoriais non dispoñan de tempo suficiente para emitir os seus informes. Debe terse en conta que o proxecto está composto por millares de páxinas e centos de documentos anexos".
Publicidade
Os colectivos lembran que o proxecto que volve a presentarse xa foi denegado por non acreditar a ausencia de afeccións significativas sobre o ciclo hídrico e sobre as masas de auga afectadas, nin acreditar a integridade do Sistema fluvial Ulla-Deza, espazo da Rede Natura 2000 e base do modo de vida de decenas de millares de persoas do Baixo Ulla e Ría de Arousa. "A estes impactos súmase o efectos devastador que o efecto tería para a economía das comarcas, particularmente sobre o sector agrogandeiro e agroalimentario así como para o Camiño de Santiago, que xeran emprego sustentábel e respectuoso co medio ambiente e a cultura local".
Apuntan a que nos últimos catro anos ""Cobre San Rafael, a filial de Atalaya, demostrou a súa absoluta ineptitude á hora de evitar a contaminación por metais pesados que continúa xerando a súa concesión mineira, o que evidencia a súa incapacidade técnica para un proxecto de tales dimensións. De feito, a empresa titular da concesión ven sendo repetidamente sancionada por Augas de Galicia polos danos ecolóxicos aos ríos Lañas e Brandelos, a pesar dos suspostos sistemas de tratamento".
Publicidade
COLECTIVOS ASINANTES:
1. A de Rousmeri-Terra de Montes
2. A Ría non se vende
3. Afectad@s de Paderne
4. Agrupación de a pé da Cofraría de pescadores San Bartolomé de Noia
5. Alarma Terra de Montes
6. Aire limpo na Mariña Mandeo
7. Amigas da Terra
8. Amil SEN eólicos
9. Anovaterra
10. APA Os Biosbardos
11. Asociación A-Legre
12. Asociacion Afectados PE Gasalla
13. Asociación Alados Medioambiente
14. Asociación Ambiental e Cultural Tralapena
15. Asociación Amigas das Árbores de Ourense
16. Asociación Amigas das Cegoñas
17. Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde
18. Asociación Amit
19. Asociación ANABAM- Asociación Naturalista “Baixo Miño”
20. Asociación Asemblea do Suído
21. Asociación cultural A Galleira
22. Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde
23. Asociación Cultural Colectivo A Rula
24. Asociación Cultural e Medioambiental A Pedra que Fala
25. Asociación Cultural Ecolóxica Ridimoas
26. Asociación Cultural Fuco Buxán
27. Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra
28. Asociación de Veciños e Veciñas Encrobas Viva
29. Asociación Eco-Social, Medioambiental e Cultural “Boca de Sapo de Corcubión”
30. Asociación Espazo Agroecolóxico A Estruga
31. Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS)
32. Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA)
33. Asociación Mar de Fábula
34. Asociación Medioambiental Grupo Lobo Galicia
35. Asociación Meta-Comunica
36. Asociación Monte do Gato Seselle
37. Asociación Noia Limpa
38. Asociación Nove Refachos
39. Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra
40. Asociación Salvemos Monteferro
41. Asociacion Salvemos o Noso de A Laracha
42. Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo
43. Asociación Umia Vivo
44. Asociación Veciñal A Curva de San Gregorio
45. Asociación Veciñal A Lama Vive
46. Asociación Veciñal Carballeira do San Martiño
47. Asociación Veciñal de Lentille
48. Asociación Veciñal do Saviñao
49. Asociación Veciñal Encrobas Viva
50. Associaçom Cultural A Gentalha do Pichel
51. Boa Vida Inclusión Activa
52. Central Unitaria de Traballadoras (CUT)
53. Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas
54. Centro de Saberes para a Sustentabilidade
55. Centro Social A Pedreira
56. CMVMC de Santiago de Covelo
57. Cofraría de pescadores San Bartolomé de Noia
58. Colectivo Capitán Gosende (Terra de Montes)
59. Colectivo Burla Verde 24
60. Colectivo do Vento-Campo Lameiro
61. Colectivo Ecoloxista Luita Verde
62. Colectivo na defensa do patrimonio A Forneiriña
63. Colectivo Terra de Montes en Perigo
64. Comisión de Asociacións contra as Minas da Terra Chá
65. Comitè se Defensa das Rías Altas
66. Comuneiros do Chá
67. Comunidade de Montes Outeiro de Minas e Valgrande
68. Confederación Nacional do Traballo de Galiza (CNT GALIZA)
69. Consumo Consciente Árbore, S. Coop. Galega
70. Contramínate Asociación Ambiental
71. Cornado Mina NON
72. Defende A Galega
73. Ecoloxistas en Acción
74. Ecoloxistas en Acción Barbanza
75. Ecoloxistas en Acción Coruña
76. Ecoloxistas en Acción Rías Baixas
77. Ecoloxistas en Acción O Ribeiro
78. Ecoloxistas en Acción Ourense
79. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
80. Federación Ecoloxista Galega
81. Fraternidad Internacional del Camino de Santiago (FICS)
82. Fundación Galicia Verde
83. Fundación Montescola
84. Greenpeace
85. Grupo A Quenlla
86. Grupo Naturalista Hábitat
87. Interior Galego Vivo
88. Irmandade Illa de Tambo
89. Juventud x Clima - Fridays For Future España
90. Morcegos de Galicia
91. Maquinarias Teatro
92. MOVENEDA - Movemento Veciñal Neda
93. Plademar Muros- Noia
94. Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes-Santiago
95. Plataforma Aire Limpo na Mariña Mandeo
96. Plataforma Augas Limpas Aldán/O Hío
97. Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Finx
98. Plataforma Casalonga Limpa de Residuos
99. Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo
Publicidade
100. Plataforma Cultura Ferrolterra
101. Plataforma para a Defensa do Sur da Dorsal Galega
102. Plataforma pola defensa dos ríos Verdugo e Oitavén.Encoro Non.
103. Plataforma pola recuperación do Sar
104. Plataforma Oro NO
105. Plataforma Quijote Outes
106. Plataforma SOS Suído Seixo
107. Plataforma Veciñal Caíño-Brancellao
108. Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non
109. Plataforma Veciñal Si a un Rural Vivo
110. Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural
111. Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo
112. Salvemos a Comarca de Ordes
113. Salvemos Catasós Asociación
114. Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas
115. Sociedade Galega de Historia Natural
116. Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
117. SOS Encrobas
118. Veciñ@s polo rural
119. Vento Mareiro de Ferrol
120. Verdegaia
121. Vida e Ría, ou minaría?
122. Xarda Sociedade Cooperativa Galega.
Comments