top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Luis Taboada sae na defensa do tenente de alcalde, Julio López, e do seu asesor de comunicación


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Comunicado do goberno municipal de Vila de Cruces

"Segundo Taboada o PP ante a súa impotencia dos últimos resultados onde os cruceños e cruceñas puxéronos no seu sitio perdendo 2 concelleiros, non tendo nada que comentar do labor diario do goberno tenta que o concello non informe do traballo que se realiza día tras día no consistorio, e para iso pretenden enmudecer e censurar a comunicación do concello como levan tentando os 3 últimos anos, o que non di Otero é que os seus máis de 50.000 euros que cobraba de soldo anual pagado por todos os veciños e veciñas aínda nos dan para pagar os cursos de cestería, a publicidade e ao asesor de comunicación sen ningún problema ao ano e aínda nos sobra para pagar o soldo do Tenente Alcalde, repercutindo ese diñeiro no turismo, a información e a formación en cursos dos nosos veciños e veciñas, en vez de ir para o peto de Jesús Otero que o utilizou para facer obras ilegais e non pagar impostos como as da súa vivenda habitual, debería de estarse calado, xa que non é o mais indicado para falar de mafia, e se non o cre aínda que revise os últimos resultados das urnas.

Julio López desexa facer unha declaración complementaria en resposta ás recentes críticas realizadas polo portavoz do PP, Jesús Otero, en relación cos comentarios nos medios de comunicación. En relación ao cualificativo de "mafioso" utilizado polo señor Otero para referirse ao goberno municipal, o tenente de alcalde, Xulio López, lembra ao

señor Otero que o seu propio grupo político, no pasado,(non hai moito, no último pleno) solicitaba respecto e pedía que non os insultaran. Resulta irónico que o señor Otero actúe da mesma maneira que tanto criticaba, demostrando unha falta de coherencia nas súas accións. Isto quedou claramente evidenciado nas súas declaracións aos medios, onde utiliza termos ofensivos para referirse ao goberno de “mafioso”.


Publicidade

Ademais, o señor López cuestiona o paradeiro dos 120.000 euros que o señor Otero prometeu destinar á hostalería. Tamén sinala que o señor Otero critica a xestión cultural do goberno, pero durante os seus case 30 anos de goberno en Cruces, non fixo nada significativo neste ámbito, dedicouse a pedir uns mapas prestados a Lalín que despois non foron devoltos, xerando gastos xudiciais e legais para defender os intereses do concello. Estes son só algúns exemplos das accións cuestionables que se irán dando a coñecer nas próximas semanas.


O señor López sostén que, ante os resultados electorais recentes, o señor Otero debería ter tido a dignidade de dimitir. Con todo, é evidente que o señor Otero non podía facelo, xa que nin sequera o seu propio partido mostra interese en contar con el. A súa ausencia en postos relevantes na Xunta, na Deputación e en Madrid demostra claramente que non ten un lugar destacado dentro do seu propio partido. Ao señor Otero só lle quedan os recordos do seu pasado político.

O Concello de Vila de Cruces reitera o seu apoio ao asesor de comunicación e ao goberno municipal na súa labor de manter informada á comunidade e traballar polo benestar dos cidadáns. Instamos a Xesús Otero e ao PP a centrarse en propostas construtivas e no

respecto cara ás institucións democráticas en lugar de recorrer a insultos e descalificacións. O noso goberno está comprometido coa transparencia, a participación cidadá e o desenvolvemento de Vila de Cruces. Agradecemos aos medios de comunicación a súa imparcialidade e obxectividade ao informar sobre este tema, e convidámoslles a seguir ofrecendo aos cidadáns unha cobertura equilibrada e veraz dos asuntos municipais".


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page