top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O PP de Cruces acusa ao goberno local de non apoiar "á Hostelería e ao Comercio local"

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Grupo Municipal do Partido Popular de Vila de Cruces acusa publicamente "da falta de apoio" por parte do Goberno Local á Hostalería e Comercio local de Vila de Cruces. "Convén lembrarlle ao Sr. Julio López que está máis preocupado de ter o seu soldo asegurado mediante unha dedicación exclusiva que de levar a cabo un apoio real e efectivo mediante unha planificación a este sector importante".

"Anticipámonos a dicir ao Goberno Local que basta de que se protexan baixo o pretexto da pandemia, non fixeron nada durante a mesma e total ausencia durante estes últimos anos por parte de propostas e accións concretas para o apoio dos nosos comerciantes e hostaleiros. Desde o noso Grupo Municipal levaremos a cabo as propostas que deseñamos e planificamos para Vila de Cruces, tales como catro campañas que incentiven o consumo, dotando dun orzamento de 24.000,00 euros podendo verse incrementado con axudas concedidas pola Xunta de Galicia".


Publicidade

Tamén en paralelo a esta iniciativa, os populares falan de "accións que melloren e incentiven a actividade comercial no noso municipio que xa expuxemos no noso programa electoral. Consideramos que non se fixo absolutamente nada por parte do Goberno Local, nin unha soa campaña para atraer turistas a Vila de Cruces cando os datos do sector do turismo rural doutros municipios levaron a cabo políticas de captación e atracción turística cuns resultados notables na súa economía local".

E insiste en que o "o Sr. Taboada non escoitou nin se molestou en escoitar aos afectados polas obras na rúa Vazquez, mostrando unha falta de respecto cara aos veciños e empresarios como polo seu nulo control sobre a execución da obra. Non podemos esquecer que se fan e desfán partes desta obra sen explicación algunha supoñendo un incremento de custos para as arcas municipais. Desde o Grupo Municipal do PP estamos ao dispor de todos e cada uns dos veciños e empresarios afectados pola falta de proxecto e apoio a un sector tan importante como a hostalería e o comercio local".

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page