top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Luis Taboada reta a Otero a que especifique investimentos perdidos, importes e as causas segundo el

"A ver se di que se nos negou unha subvención de máis dun millón de euros para reformar o auditorio de Merza e da que houbo que desistir porque no inventario do Concello non consta como propiedade do Concello este inmoble", recalca


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, ante as últimas declaracións do exmandatario Jesés Otero, sinala que só ratifica "a súa boa xestión e transparencia no goberno" e lémbralle “que non se pode perder o que un non ten” con respecto aos comentarios de Otero nos medios de comunicación acusándoo de que perdera seis millóns de euros de investimentos. Ademas Taboada rétao a que especifique cales foron eses investimentos perdidos, importes e as causas, a ver se tamén nesas explicacións se Otero "lle di aos seus veciños e veciñas que se nos negou unha subvención de máis dun millón de euros que Taboada solicitara para reformar completamente o auditorio de Merza e da que houbo

que desistir porque no inventario do Concello non consta como propiedade do concello o inmoble. Polo visto Otero esqueceu rexistralo no seu día e iso cústanos ao non poder recibir esa subvención", sinala o equipo de goberno.

Pero Taboada asegura que está totalmente tranquilo ante os comentarios de Otero "que presume agora na oposición do que nunca foi capaz de facer cando gobernaba, como prometer hai uns días que co apoio da Xunta de Galicia ía construír unha ponte en Portodemouros, cando en case 30 anos do seu goberno, non foi capaz nin de poñer unhas luces no acceso, que o tivo que facer sendo el mandatario neste mandato. Por suposto, o señor Otero demostra unha vez máis que é un mentireiro compulsivo, ao afirmar que Taboada non solicita subvencións e aínda por encima que as perde". Ante isto o rexedor tira de hemeroteca e aconséllalle a Otero que "non estea tan nervioso agora que se achegan as eleccións e que explique porque a Xunta nos seus orzamentos non conta con Vila de Cruces. Poderíase dicir que é neste mandato, pero tampouco o facía cando gobernaba o PP con Otero á fronte, en cambio, Taboada está a realizar investimentos millonarios como a reforma da rúa Vázquez ou a senda do instituto e grazas á xestión de Xuntos, por moito que lle doia a Otero", subliña o goberno local.

Perda de habitantes

Así mesmo, Taboada culpa a Otero de que o orzamento se reducira en 500.000 euros, en primeiro lugar "porque o orzamento do ano 2019 non era real e estaba inflado xa que Otero non conta que no ano 2018 o orzamento era de 3.800.000 euros que inflou no 2019 ata os 4.760.000 euros porque era ano electoral, cousa que Taboada non fai, ademais cabe lembrar que os orzamentos reciben ingresos segundo os habitantes, uns habitantes que en 1990 cando empezou a gobernar Otero eran de 8.419 persoas e que tras o paso de Otero polo poder, durante case 30 anos, logrou perder habitantes día a día, e que se fosen máis de 3.000 veciños quedando a cifra en 5.246 persoas, algo que afecta notablemente os ingresos do consistorio e ao poder de Cruces na comarca".


Por último, o rexedor cruceño agradécelle ao exalcalde que "coas súas palabras fágalle ver aos veciños e veciñas de Vila de Cruces que, aínda tendo poucos recursos, Taboada realiza rozas, sendas, repara camiños e realiza eventos e conciliacións de todo tipo, ao contrario que facía el nos seus mandatos. E Taboada, do mesmo xeito que os veciños e veciñas de Cruces, pregúntase onde están investidos todos os millóns que pasaron polas súas mans en 30 anos?".


NOTICIA RELACIONADA:




0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page