Localizado sen vida o mozo desaparecido o domingo en Silleda
- ecosdacomarca
- 14 ene
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Lamentablemente, Álex Wang, o mozo de 18 anos desaparecido o domingo en Silleda, apareceu este martes sen vida. Tal e como informa a Oficina de Prensa da Comandacia da Garda Civil de Pontevedra foi localizado hoxe ás 15:30 horas polos axentes do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil no río Deza, na zona da Ponte Taboada (Silleda).

Unha ampla despregadura de medios traballaba no operativo de busca, e o Grupo Especial de Localización e Rescate da ONG Intervención Ayuda y Emergencias (IAE) encargouse de recuperar o corpo, tal e como sinala o 112 Galicia.
O operativo estivo coordinado pola Garda Civil e nel participaron os drons da Axega, o GES de Lalín, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces e o Grupo Especial de Localización e Rescate da IAE, así como numerosos veciños. Ademais alertouse ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, por se resultase necesaria a súa intervención.
Convén sinalar que o 112 Galicia tivo constancia da desaparición do mozo dez minutos antes das 17 horas do domingo, a través da chamada dun familiar.
Comunicado do Concello de Silleda
"Lamentamos comunicar que a primeira hora desta tarde os buzos da Garda Civil atoparon no río Deza o corpo de Alex Wang, o mozo que se buscaba dende o pasado domingo.
Publicidade
Dende o Concello de Silleda transmitimos as nosas condolencias á familia e aos amigos e amigas de Alex, así como o noso máis sincero agradecemento as todas as persoas, institucións e corpos e forzas de seguridade que participaron no operativo.
Se algunha persoa achegada a Alex precisara atención psicolóxica, dende o Concello actívase o seguinte número de teléfono: 625 531 274"
NOTICIAS RELACIONADAS:
Buscan a Alex Wang, un mozo de Silleda que está desaparecido:
Hoxe incorporaranse á busca do mozo silledense medios aéreos e cans de rastrexo:
A busca do mozo desaparecido en Silleda continuará hoxe nas inmediacións de Ponte Taboada:
Comments