Ecos da Comarca/Silleda
O Concello de Silleda informa da desaparición dun mozo desta localidade. "Urxente! Na tarde de hoxe (domingo, 12 de xaneiro 2025) foi denunciada a desaparición de Alex Wang, un mozo silledense de 18 anos", indica.

Sinala que Alex foi visto por última vez esta mañá arredor das 8:00 horas saíndo da súa casa de Carballeda, na parroquia de Taboada.
Publicidade
"Este mozo é de complexión delgada e mide 1,61 m. Se algún o viu ou pode dar algunha indicación sobre o seu paradeiro, pregamos se poña en contacto ca Policía Local de Silleda (teléfono 660 661 723). Grazas", informa o Concello.
Comentarios