Localizado con vida o veciño de Mesía que estaba desaparecido
- ecosdacomarca

- hace 35 minutos
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O Concello de Mesía informa que foi localizado con vida o veciño deste municipio Jesús Pérez Giao que estaba en paradoiro descoñecido dende onte pola tarde.
"Alegrámonos moito de informarvos que arredor das 19:30 horas atoparon con vida a Jesús Perez Giao, estaba nun maizal da súa propiedade non moi lonxe da casa. Foi trasladado o CHUAC para comprobar o seu estado de saúde. Esperamos que se recupere o máis pronto posible", sinala o Concello.

Segundo informa tamén o 112 Galicia, tal e confirmou a Garda Civil, o home foi localizado caído nunha finca de millo. Os membros do GES de Curtis interviñeron para trasladalo ata onde esperaban os servizos sanitarios, que o atenderon nunha ambulancia.
A familia comunicara a súa desaparición na noite de onte a través dunha chamada ao 112 Galicia, sinalando que adoita desorientarse.
PUBLICIDADE
Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron á Garda Civil, que coordinou o operativo, e ao GES de Curtis. Ambos equipos participaron na busca durante a noite, aínda que sen resultados.
PUBLICIDADE
Hoxe retomouse o operativo e solicitouse tamén a incorporación do equipo de drons do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias. Ademais, participou a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilasantar.
Noticia da desaparición: https://www.ecosdacomarca.com/post/buscan-a-un-veci%C3%B1o-de-mes%C3%ADa-que-est%C3%A1-desaparecido








Comentarios