top of page

Buscan a un veciño de Mesía que está desaparecido

Ecos da Comarca/Xeral

O Concello de Mesía (A Coruña) emitiu hoxe, 1 de xullo 2026, un comunicado a través do que pide a colaboración cidadá porque un veciño deste municipio, da parroquia de Castro, está en paradoiro descoñecido. Trátase de Jesús Pérez Giao, de 69 anos.

"Calquera información, por pequena que pareza, pode ser de gran axuda para localizalo", recala o ente local. Poden contactar no seguinte teléfono 699 357 998 ou coa Garda Civil (062). 


"Compartir esta publicación tamén pode axudar. Grazas pola vosa colaboración", sinala o Concello de Mesía.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Tal e como informa o 112 Galicia, a familia comunicou onte á noite a súa desaparición a través dunha chamada de alerta ao 112 Galicia. Preto das once da noite pasada, cando os seus parentes levaban case tres horas na súa procura, contactaron co servizo de emerxencias para pedir axuda. Ademais dunha descrición física, sinalaron que o home adoita desorientarse.


Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia trasladaron a información aos axentes da Garda Civil e aos membros do GES de Curtis. Ambos os dous equipos estiveron buscando durante a noite, aínda que con resultado negativo.


Coas primeiras horas do día, retomaron a busca e solicitaron a incorporación do equipo de drons do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias.


Tal e como informa a oficina de prensa da Comandancia da Garda Civil da Coruña, O desaparecido abandonou o seu domicilio, situado no Pazo nº 5 (Castro, Mesía), ao redor das 20:00 horas de onte, 30 de xuño.


Jesús Pérez Giao, de nacionalidade española, padece Parkinson e presenta perdas de memoria. No momento da súa desaparición vestía unha camisa de manga longa de cadros en tons azul e gris e un pantalón de chándal azul escuro. Leva consigo unha máquina para o tratamento do Parkinson, que porta colgada ao carón do corpo a modo de pequena mochila, similar a un teléfono móbil, así como un bastón. Non leva documentación, diñeiro nin tarxetas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

A Garda Civil, que dirixe e coordina o dispositivo de procura, mobilizou durante a noite de onte dúas patrullas. Na xornada de hoxe participan tres patrullas durante a quenda de mañá e outras tres durante a tarde. Desde as 11:30 horas atópanse traballando na zona os drons de AXEGA. Ademais, ao redor de 40 veciños colaboran de forma voluntaria nos labores de procura. Tamén participan efectivos do GES de Curtis e persoal de Protección Civil de Mesía.


Está previsto que, ao redor das 16:00 horas, incorpórese ao operativo o Servizo Cinológico da Garda Civil especializado na procura de persoas vivas desaparecidas. Así mesmo, ás 16:00 horas convocouse a voluntarios para colaborar na procura pola zona próxima ao domicilio do desaparecido, sempre baixo a coordinación da Garda Civil, que agradece a colaboración cidadá e solicita que calquera información que poida resultar de interese sexa comunicada de inmediato a través do teléfono 062 ou do 112.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page