top of page

Grupo de apoio lalinense á Plataforma Ulloa Viva:"Ter que suplicar o que é de todas"

Compartimos un artigo de opinión deste colectivo que denuncia que non puideron usar ningún espazo público de Lalín para a proxección dun documental sobre Altri



Grupo de apoio lalinense á Plataforma Ulloa Viva/Lalín


Artigo de opinión

Compartimos en ECOS DA COMARCA este artigo de opinión do Grupo de apoio lalinense á Plataforma Ulloa Viva que denuncia que non puideron usar ningún espazo público deste Concello para a proxección dun documental sobre Altri.

Público durante a proxección do documental. Fonte: Salvemos as fragas de Catasós
Público durante a proxección do documental. Fonte: Salvemos as fragas de Catasós

"Estes días tivemos o luxo de contar en Lalín coa presenza de Enrique Banet e Mabel Rivera co seu documental "A Loita Final". Nun gravísimo contexto de crise ecosocial, ameazas como a instalación dunha pasteira en Palas de Rei (Altri Non!) aféctannos de xeito transversal e conecta campos moi diversos, mais no documental debúllanse datos a través dos testemuños de persoas expertas no eido da botánica, enxeñería forestal, economía, saúde pública... Tamén aparece a voz de Greenalia e desde logo a peza deixa un sabor de boca de "hai que seguir loitando". Foi no Café Camilo onde tivemos o luxo de poder compartir este necesario tempo de encontro, aprendizaxe e reflexión arredor da necesidade de defender o que é de todas.


Luxo, en todos os sentidos, porque puidemos realizar esta actividade de interese público tras un percorrido "operativo" cheo de obstáculos sufrido desde o grupo lalinense de apoio á Plataforma Ulloa Viva, no que interpretamos como un intento de frear que esta peza fose proxectada nun espazo municipal.


Vai crónica:

- Boa tarde, chamamos para confirmar que datas están libres para solicitar a sala de proxeccións do edificio sociocultural Manuel Riveiro.

- Están libres o X, X... E o 23 de maio.

- Perfecto! Solicitaremos dita data por rexistro.

Pasan os días...

- Ola, chamo desde o concello: unha pregunta... Que ides proxectar exactamente?

- A Loita Final: unha peza sobre os perigos da eucaliptización... Tema Altri.

Pasan os días...

- Ola, poden confirmarnos se estará libre o Manuel Rivero? Achégase a data da proxección e non recibimos confirmación de que podemos contar coa sala solicitada. 

- Ten que pasar por "xunta de goberno" e comunicarásevos despois.

- Imos pedir por rexistro a sala de proxeccións da Biblioteca Municipal Varela Jácome, como plan B (pedímola, sabendo que está libre).

Pasan os días...

- Ola, xa que hoxe foi a xunta de goberno, poden confirmarnos se temos concedido o uso da sala de proxeccións solicitada?

- Ahh, no edificio sociocultural Manuel Rivero non pode ser. Está convocada outra actividade ese día ("pero non estaba libre????"). Podedes ir á Biblioteca Municipal, pero en horario de biblioteca ("pero non diciades hai unhas semanas que, por mor das queixas de usuarixs da biblioteca, non se podía usar ese espazo mentres a xente está estudando?"). Tamén podedes usar a sala Tuno Valdés do Auditorio ("pero... non ten proxector!"). Ou a UNED ("pero... no polígono?").


Pasan os días... E, tendo xa realizado a actividade, aínda non recibimos ningún tipo de notificación oficial do Concello de Lalín. 


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Gustaríanos saber se o Concello de Lalín se posiciona a favor ou en contra da instalación da pasteira en Palas de Rei, e se isto está relacionado con ter dificultado á cidadanía o uso dun espazo público axeitado para a realización desta actividade.


É unha auténtica vergoña ter que suplicar o que é de todas. A auga ou unha instalación municipal. Que non nos enganen".


Asinado,

Grupo de apoio lalinense á Plataforma Ulloa Viva




תגובות


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page