top of page

Galiza Nova lanza en Arzúa a campaña “As caras de Altri”

“A nosa comarca será unha das máis afectadas por esta macrocelulosa e queremos quitar as caretas e mostrar cales son as caras que están detrás deste proxecto que pretende destruír o noso país e o noso futuro”


Ecos da Comarca/Arzúa

Co encoro de Portodemouros de fondo, a organización xuvenil do BNG presentou este venres a súa campaña “As caras de Altri” coa que pretenden poñer o foco nas persoas responsables da macrocelulosa que Altri pretende instalar no concello de Palas de Rei, así como para animar a toda a mocidade a mobilizarse na manifestación que terá lugar no mesmo concello este domingo.

Tal e como manifestou Alba Regueiro, responsábel de Galiza Nova nesta comarca, “a nosa é unha das comarcas máis afectadas por esta bomba medioambiental e é necesario que se saiba quen está detrás, que hai responsables políticos pretendendo hipotecar o noso país e o noso futuro”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“Con este obxectivo ensinámosvos as verdadeiras caras de Altri, para sinalar o papel que tiveron persoas como Ánxeles Vázquez ou o presidente do goberno da Xunta, Alfonso Rueda, que máis unha vez demostran que os seus intereses están do lado dos grandes poderes económicos e non da sociedade galega” engadiu.


Ata Arzúa achegouse tamén Marta Gómez, Secretaria Xeral da organización, que fixo fincapé en que este é “un problema que afecta a todo o país, a nivel de impacto medioambiental, mais tamén económico, social e por suposto político” sinalou.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

Gómez acrecentou que “Galiza Nova, xunto con Erguer. Estudantes da Galiza, rexistrou no mes de abril ao redor de 5.000 alegacións ao proxecto de Altri e estará este domingo na manifestación convocada pola Plataforma no concello de Palas de Rei”. Con esta campaña a organización xuvenil do BNG quere animar tamén a toda a mocidade non so da comarca se non de todo o país a mobilizarse e “demostrarlle ao Partido Popular cales son os verdadeiros intereses da mocidade galega”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page