top of page

Forno denuncia que os aparcamentos diante do CIS de Lalín seguen impedindo o traballo dos sanitarios

A socialista critica "a desidia do goberno local e do Sergas por non resolver este problema e esixe dilixencia para garantir un acceso seguro e operativo"


Ecos da Comarca/Lalín

A secretaria xeral dos socialistas de Lalín, Alba Forno, denunciou onte "a situación de inseguridade que se mantén diante do acceso principal ao Centro Integral de Saúde (CIS) de Lalín debido á presenza de aparcamentos que obstaculizan o traballo dos sanitarios do 061". Forno critica "a falta de actuación do Concello de Lalín, que en lugar de poñer unha solución definitiva, limitouse a colocar un valado de obra de maneira chapuceira, que non durou nin unha mañá e que non impediu que os vehículos sigan estacionando nesta zona crítica para os servizos de emerxencia".

FOTO

A voceira socialista esixe ao goberno local que actúe con dilixencia e que interceda ante a Consellería de Sanidade para que se corrixa esta situación de maneira definitiva. Entre as medidas necesarias, reclama a colocación de pivotes ou o pintado e sinalización clara da zona, evitando así os estacionamentos indebidos que impiden a entrada das ambulancias e dificultan o traslado e manexo de pacientes.“O acceso debe estar completamente libre para garantir a entrada e saída das ambulancias”, explica Forno.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A dirixente socialista lamenta ademais que "o Concello ignore as demandas do persoal sanitario, que leva tempo alertando sobre este problema. “Non se toma ningunha medida efectiva e o risco é evidente: ademais de dificultar o traballo dos técnicos do 061, estes aparcamentos indebidos poden provocar atropelos e poñen en perigo a seguridade dos pacientes que chegan en ambulancia”, denuncia.


!Un CIS baixo mínimos e sen melloras na atención pediátrica"

Alba Forno tamén critica que, "máis aló da fachada, o novo CIS segue baixo mínimos e non está mellorando a cobertura sanitaria en Lalín respecto ao antigo centro de saúde. A principal carencia segue sendo a falta de persoal médico, especialmente na atención pediátrica, onde non hai pediatra en horario de tarde e pola mañá só se conta cun especialista a tempo completo e outro a tempo parcial".


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“O Sergas segue sen cubrir esta necesidade, deixando aos nenos e nenas de Lalín sen a atención pediátrica que merecen. A realidade é que, a día de hoxe, o CIS non está a ofrecer unha mellor sanidade para os veciños, senón máis promesas incumpridas e servizos sen reforzar”, concluíu Forno.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page