top of page

Fiúza denuncia "o abandono absoluto do centro de saúde de Cruces por parte do Sergas"

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Bloque Nacionalista Galego de Vila de Cruces denuncia a situación límite que seguen sufrindo tanto pacientes como profesionais no centro de saúde do concello, cando xa pasaron catro meses desde que o xerente do Sergas se comprometeu no Parlamento Galego a visitar as instalacións e buscar solucións. "Ata hoxe, esa visita non se produciu, non houbo ningún contacto oficial e non se adoptou ningunha medida para corrixir as múltiples deficiencias estruturais do edificio: goteiras, humidades, chans levantados, paredes con mofo e problemas graves de seguridade", sinala o BNG.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O voceiro do BNG cruceño, Álex Fiúza, insiste en que, "mentres a Xunta incumpre a súa palabra, o alcalde de Vila de Cruces négase a solicitar un convenio coa Consellaría de Sanidade, ou polo menos así o quixo reflexar no pleno de novembro, sendo esta a única vía realista para acometer as obras necesarias nun edificio compartido entre ambas administracións".


Así o edil do BNG denuncia que "estamos ante un abandono institucional absoluto. As instalacións son inseguras e indignas, e a situación do persoal sanitario é totalmente precaria. Non só teñen que enfrontarse a humidades e goteiras, senón que tamén deben asumir a carga de baixas e vacacións sen cobertura, como aconteceu nos últimos meses."

A situación no interior do centro, apunta, "é xa indigna dun servizo público esencial. O persoal vese obrigado a colocar caldeiros nos corredores cando chove, secar a auga con toallas, poñer cartóns no chan para evitar esvaróns e accidentes, traballar en dependencias con humidades e mofo e atender pacientes en condicións que non garanten nin a seguridade nin a dignidade mínima".

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Fiúza engade: "Non estamos pedindo luxo nin caprichos: pedimos unhas instalacións seguras, un convenio para facer obras e cobertura de persoal cando hai baixas ou vacacións. Que se cumpran os compromisos adquiridos polo xerente do Sergas e que o alcalde deixe de mirar para outro lado."


O BNG lembra que no Parlamento Galego xa se advertiu de que estas condicións deterioran a atención sanitaria e contribúen ao despoboamento. “Despois do compromiso público do xerente do Sergas, o mínimo esixible era actuar. Pero nin visita, nin obras, nin explicacións. Só silencio.”

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Desde o BNG de Vila de Cruces esixen o cumprimento inmediato do compromiso adquirido polo Sergas, a visita urxente ás instalacións, a apertura dun proceso real de negociación para asinar un convenio Concello–Xunta, e o inicio inmediato das obras necesarias. "Non estamos falando de luxo, senón de poder traballar e ser atendidos sen cubos, sen toallas no chan e sen medo a esvarar nun corredor dun centro sanitario público", conclúe Fiúza.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page