top of page

Fiuza pide responsabilidades a Luis Taboada e Mireya Otero polas facturas sen pagar


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O voceiro do BNG de Vila de Cruces, Álex Fiuza, esixe responsabilidades ao alcalde, Luis Taboada, e á concelleira de Economía e Facenda, Mireya Otero, polas facturas sen abonar.

"As facturas que reclama o BNG algunhas son de 2021, e outras de 2022, as cales nunca foron a pleno. A propia concelleira ten recoñecido en pleno non ter coñecemento destas facturas", puntualiza o partido nacionalista. Así mesmo, Fiuza pide "que deixen de enganar, e que repetir constantemente que a culpa é do BNG non os exime de responsabilidade".

As facturas, sinala, "que non cumpren os procedementos legais das que falan Taboada e Mireya foron aprobadas coa abstención do PP, mais as que o BNG está a reclamar son facturas pendentes de recoñecer de empresas de Vila de Cruces de exercicios pasados, que non cobraron porque Taboada, preferiu ter o pago ao día, do asesor de comunicación e o seu compendio de empresas, a técnica de urbanismo enchufada, a asesoría externa financeira", acusa.


NOTICIAS RELACIONADAS:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page