top of page

"Se alguén aínda non cobrou do ano pasado é porque en catro plenos o BNG votou en contra"

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O goberno local de Vila de Cruces anima ao partido nacionalista a preguntar aos veciños se cobraron as facturas de xaneiro deste ano, que dependen directamente do goberno


Laura Moure/Vila de Cruces

O alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, de Xuntos Polo Noso Concello, sae ao paso das críticas do voceiro do BNG, Álex Fiuza, sobre as facturas pendentes de pago por parte do goberno local. Taboada recrimina que Fiuza "quere enganar aos veciños e que a culpa da situación é do propio Fiuza" algo que tamén afirma a concelleira responsable de Economía, Mireya Otero.

Unha sesión plenaria de Vila de Cruces.

Taboada sinala "que se alguén aínda non cobrou do ano pasado é porque en catro plenos celebrados para pagar facturas, Fiuza e o seu grupo político votaron en contra de facer os pagos". Agora, segundo Taboada, teñen a "pouca vergoña de dicir nos medios de comunicación que o goberno local non paga aos provedores".


Pola súa banda, Mireya Otero anima a Fiuza a preguntar aos veciños se cobraron as facturas de xaneiro deste ano, que dependen directamente do goberno. Mireya Otero destacou que non foi necesario levar estas facturas a pleno "para que se votara en contra de pagalas por parte do BNG, deixando aos veciños sen cobrar". A concelleira critica a postura do voceiro do BNG e afirma que "é incrible que eles mesmos se crean as súas propias mentiras, cando saben á perfección que se a día de hoxe os provedores con facturas pendentes do ano pasado non puideron cobrar, foi en gran parte por culpa de que eles mesmos e o resto da oposición non foron capaces de aprobar en catro plenos os cobros que lle pertencían aos provedores”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por iso recoméndalles "que deixen de facer unha apoloxía barata para querer mentirlles aos veciños e veciñas cando a realidade está a vista de todos". E resalta que a oposición de Vila de Cruces non está sendo "nada construtiva, só miran por estar no poder sen darse conta que lle están a facer dano aos veciños e veciñas impedindo que cobren as facturas que lles corresponden. Ou mesmo deixándoos sen subvencións nominativas deportivas, culturais e ás ANPAS ou mesmo as axudas directas a todos os nenas e nenos do concello

tras votar en contra o presuposto", lamenta Otero.


Por iso, a edil aconséllalle que "en vez de dedicarse a ser “creador de contido” se dedique a ser “un concelleiro con altura de miras e preocupado por Vila de Cruces”".


NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page