Falece aos 88 anos o Papa Francisco
- ecosdacomarca
- 21 abr
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Este luns, 21 de abril, ás 7:35 horas, faleceu o Papa Francisco aos 88 anos na Cidade do Vaticano. O pontífice fora dado de alta do hospital o pasado 23 de marzo despois de ingresar o 14 dese mes debido a unha neumonía dobre. Cabe mencionar que para a sorpresa de moitos, o papa reapareceu onte, Domingo de Pascua, e participou nalgúns dos actos relixiosos.

O seu nome secular é Jorge Mario Bergoglio e naceu en Bos Aires o 17 de decembro de 1936. Foi o 266 papa da Igrexa Católica; foi o xefe de Estado e o octavo soberano da Cidade do Vaticano.
Publicidade
Tras a renuncia de Benedicto XVI ao pontificado, foi elexido o 13 de marzo de 2013 na quinta votación efectuada durante o segundo día de cónclave.
Publicidade
Máis información da súa vida: https://es.wikipedia.org/wiki/Francisco_(papa)#
Comments