top of page

Este vindeiro domingo 17 de decembro, terá lugar en CastroDeza a actividade “Fagamos unha casa!”

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

É unha iniciativa gratuíta para familias con nen@s a partir de 6 anos, pero hai prazas limitadas


Ecos da Comarca/Lalín

Este vindeiro domingo 17 de decembro, terá lugar en CastroDeza a actividade “Fagamos unha casa!”: unha actividade gratuíta para familias con nen@s a partir de 6 anos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"A comarca de Deza destaca pola gran cantidade de castros da Idade do Ferro que aínda a día de hoxe son visibles na nosa paisaxe. Nesta actividade construiremos unha casa inspirada nas que habitaban os nosos antepasados vai máis de dous mil anos e adornarémola con elementos decorativos que seguimos a usar no presente. E como estamos en plena época das “Aldeas de Nadal” de Lalín, farémolo ó grande!", sinalan dende CastroDeza.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Unha vez construída, a casa permanecerá exposta en CastroDeza e poderá ser visitada no horario habitual de apertura.


A actividade terá lugar a partir das 11:00 horas. As prazas son limitadas e recoméndase a reserva previa.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Máis información e reservas no teléfono 986 781 608, no seu espazo naPraza de Galicia,1 (edificio do Concello de Lalín, ó lado do ORAL)de 10:00 a 15:00 horas, ou no correo castrodeza@depo.es




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page