Laura Moure/Xeral
As persoas que desexen doar sangue poderán facelo esta semanas nas catro comarcas nas localidades da Bandeira, Vila de Cruces, O Pino, Arzúa, Silleda e Lalín.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia volve visitar a Bandeira (Silleda) hoxe, luns. Estará xunto ao centro de saúde de 16:00 a 21:00 horas.
E tamén hoxe haberá outra en Vila de Cruces xunto á Casa Consistorial. Neste caso, estará tanto en horario de mañá como da tarde. En concreto, será de 10:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:00 horas.
Mañá, martes, poderase doar fronte ao Concello do Pino de 9:45 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas.
Ao día seguinte, o mércores, día 2, haberá unha unidade móbil no concello veciño de Arzúa. Estará fronte aos xulgados (na avendia Principal, no carga e descarga) en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 hora
Mentres, ese mesmo día, estará outra en Silleda na Avenida do Parque xunto á parada de taxi fronte ao número 3 de 16:00 a 21:00 horas.
Por último, o venres poderase doar en Lalín, na Praza da Igrexa, de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.
Debido á situación de pandemia, na que necesariamente se debe gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, establécese tamén a cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando así esperas. É recomendable chamar previamente ao 900 100 828.
E cabe lembrar que é moi importante esta acción solidaria porque contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes, sobre todo ante a situación actual de emerxencia sanitaria.
Σχόλια